lunes, 17 de diciembre de 2012

5 Reinos

En 1969, Robert Wittaker substituiu a clasificación tradicional dos seres vivos en animais e plantas por unha que contemplaba 5 reinos:  Moneras, Protistas, Fungos, Animais e Plantas. Esta é a clasificación, moi cómoda e manexable,  que ainda aparece na maioría dos libros de texto escolares. Na actualidade estase a abrir paso outra clasificación, que contempla unha nova categoría  superior ao Reino : o Dominio , recoñecéndose 3 grandes dominios de seres vivos : Archaea (Arqueas), Bacteria e Eucarya (Eucariotas). No dominio Eucarya inclúense 4 dos 5 reinos de Wittaker : Protistas, Fungos, Animais e Plantas, mentres que o antigo reino dos Monera, que inclúe a todos os organismos con célula procariótica, divídese en dous : os dominios Archaea e Bacteria.
Animación 5 Reinos
Imaxe tomada da Wikipedia

sábado, 15 de diciembre de 2012

Un mundo de microbios

O outro día na clase comentei que a vida na Terra é predominantemente microbiana. Os primeiros seres vivos que poboaron o noso planeta eran bacterias e arqueas, seres unicelulares e procariotas capaces de vivir nos máis variados ambientes  e de facer unha enorme variedade de cousas. Déixovos aquí algunhas lecturas sobre este tema:

Artigo nº1
Artigo nº 2
Artigo nº 3


jueves, 6 de diciembre de 2012

sábado, 24 de noviembre de 2012

Feliz Día do Orgullo Primate

Levaba tempo, certamente demasiado, sen publicar ren. Pero a data do 24 de Novembro non pode pasar sen pena nin gloria. Tal día como hoxe en 1859 publicouse a primeira edición do  libro "A orixe das especies" do gran Charles Darwin e,  tal día como hoxe, pero en 1974, Donald Johanson e o seu equipo de excavación descubriron un dos fósiles máis famosos do mundo: o de Lucy, unha femia de Australopithecus afarensis que viviu hai 3,2 millóns de anos.




O que se busca é lembrar que todos os seres vivos estamos emparentados, unidos polo fío da evolución biolóxica. Xa sabes , se tes mans  (prénsiles) e pés con cinco dedos, uñas planas , polgar opoñible, hemisferios cerebrais ben desenvolvidos... Parabéns! tes todos os síntomas de seres un PRIMATE!

martes, 9 de octubre de 2012

O experimento de Gurdon

Hoxe os medios de comunicación informan   da concesión do  Nobel de Medicina  e Fisioloxía  de 2012 a  John B. Gurdon e Shinya Yamanaka. O galardón premia os traballos destes investigadores  na reprogramación de células troncais adultas (as mal chamadas células nai).  Casualmente, onte mesmo na clase, e sen coñecer   ainda esta  nova, comentamos un dos primeiros experimentos de Gurdon  (alá polos anos 60 do século XX) co anfibio Xenopus laevis, e que demostrou  que as células diferenciadas conservan toda a información xenética.  En relación cos experimentos de Gurdon tedes aquí un breve artigo de Javier Sampedro "La rana que llegó a Roma"
E falando de reprogramacións, hai só uns días tamén se coñeceu que un equipo de investigadores conseguiu reprogramar células adultas dunha femia de rato  para que se converteran en óvulos, os cales deron posteriormente unha camada de ratiños.
En fin, noraboa a Gurdon e a Yamanaka!

viernes, 8 de junio de 2012

Determinación do sexo

Nos organismos con sexos separados, hai distintas formas de determinación do sexo.  Na especie humana e en moitas outras a determinación é cromosómica, é dicir, entre o macho e a femia hai diferencias  no cariótipo.
Ver animación


Imaxe tomada de Kalipedia









viernes, 25 de mayo de 2012

Exercicios de xenética

Explorando a rede atoparedes numerosas páxinas con exercicios de xenética mendeliana. Moitas delas proporcionan tamén as solucións. Aquí vos deixo algunhas:
http://www.bioygeo.info/GeneticaBG4.htm

miércoles, 23 de mayo de 2012

Un problema de coellos indios

O coello indio ou cobaia , animaliño amplamente utilizado en ensaios médicos , tamén pode propoñernos interesantes experimentos de xenética. Déixovos unha ligazón a un exercicio animado sobre a xenética mendeliana  versión roedor. Premer aquí para ir ao exercicio
Imaxe tomada da Wikipedia

jueves, 17 de mayo de 2012

Leis de Mendel

Esta semana estamos estudiando os experimentos de hibridación de Mendel, que levaron ao descubrimento das leis básicas da herdanza nos organismos con reproducción sexual. Aquí tedes unha das numerosas animacións que sobre este tema podemos atopar na rede.  Ver animación leis de Mendel

martes, 8 de mayo de 2012

División celular: Meiose

A meiose ou división reduccional é un mecanismo de división celular no que unha célula nai diploide produce 4 células fillas haploides. Este mecanismo é exclusivo das células da liña xerminal, que son as que están destinadas a producir gámetas .
Polo tanto a meiose está estreitamente relacionada coa  reproducción sexual, só poden experimentala células diploides e só aquelas que pertenzan á liña xerminal.
Pero...por que razón as gámetas teñen que ser haploides?
Nas ligazóns tedes varias animacións da meiose, e ao igual que vos dicía  no caso da mitose, hai moitas máis na internet. Gústame especialmente a primeira, porque detalla con moita claridade o que lles pasa aos cromosomas homólogos e ás cromátidas irmás.
Meiose1
Meiose 2
Meiose 3

División celular: Mitose

As células reproducense asexualmente mediante un proceso de división chamado mitose. .
Todo ser pluricelular  procede dunha única célula inicial que se multiplica por mitoses sucesivas , pero en lugar de separarse para levar unha vida independente, as células fillas permanecen xuntas , constituindo un único individuo.Así pois, nos organismos pluricelulares a mitose pode implicar desenvolvemento, crecemento, reparación  tisular,  rexeneración .. . e , por suposto, tamén producción de descendencia.
As células responden a sinais internas e externas para comezar a dividirse ou para deixar de facelo. Pero ás veces algunha célula ignora esas sinais e se divide de forma incontrolada, xenerando unha masa ou tumor; esta é a causa primeira do cancro.
Na mitose, unha célula nai producirá dúas células fillas (a célula nai, como tal, desaparece no proceso) que son xenéticamente idénticas á célula nai(clónicas), pero para iso é preciso un complexo e delicado mecanismo de reparto dos cromosomas.
Déixovos tres animacións sobre a mitose. Podedes buscar máis na rede; hai moitísimas e é difícil escoller...
Mitose(animación interactiva de CellsAlive)
Mitose animada
Outra mitose animada


martes, 24 de abril de 2012

Ciclo celular

Na ligazón déixovos unha anoimación sobre o ciclo celular


Ciclo celular

jueves, 19 de abril de 2012

Animacións de Bioloxía

Déixovos esta serie de ligazóns con animacións que vos axudarán a comprender algúns dos conceptos e procesos relacionados coa célula e co material hereditario.
Comparativa célula procariota-célula eucariota
Organización da célula animal
Os 5 reinos

Replicacion do ADN
Exercicio replicación do ADN
Cromatina e Cromosomas
Exercicio: completar o cariótipo humano


lunes, 12 de marzo de 2012

Bordos pasivos

Os bordos pasivos ou conservativos son aqueles límites de placas nos que non hai formación nin destrucción de litosfera oceánico. Sons as fallas transformantes, ao longo das cales as placas esvaran lonxitudinalmente. As fallas transformantes son perpendiculares ao rifts e dividen as dorsais oceánicas en segmentos. Algunhas trasformantes teñen percorridos de milleiros de km e poden internarse nun continente, como a famosa falla de San Andrés .
Dorsal e transformantes 1
Dorsal e transformantes 2

Bordos destructivos

E aquí tedes unhas cantas animacións sobre os bordos destructivos, o proceso de subducción, a formación de foxas abisais e arcos volcánicos , a colisión continental  e a formación de cordilleiras ou "oróxenos".
O proceso de subducción
Converxencia litosfera oceánica-litosfera oceánica: arco de illas volcánicos e foxa abisal
Converxencia litosfera oceánica-litosfera continental: cordilleira tipo "Andes"
Converxencia continente-continente: formación dunha cordilleira tipo "Himalaia" (sutura continental)
A colisión India-Asia









Bordos constructivos

Aquí tedes unha relación de animacións sobre as dorsais oceánicas , a extensión do chan oceánico e a ruptura continental:
Formación da codia oceánica
Formación da codia(mellor litosfera) oceánica 2
Magnetización do chan oceánico
Proceso de "rifting" continental: ruptura dun continente e inicio da formación dunha nova bacia oceánica
Rifting 2

Animacións sobre tectónica de placas

Déixovos esta recopilación de animacións sobre os procesos relacionados cos puntos básicos da   teoría da tectónica de placas:
Mapa actual das placas litosféricas
Os tres tipos básicos de bordos de placas
Os tres tipos de bordos e tectónica global

jueves, 1 de marzo de 2012

Terremotos en tempo real

Déixovos dúas ligazóns de observatorios sismolóxicos. Nelas podedes obter datos sobre os terremotos recentes, incluindo a súa magnitude e localización .  Que vos suxire a distribución mundial dos terremotos dos últimos días?
Observatorio global do USGS
Información sísmica do Instituto Geográfico Nacional

viernes, 10 de febrero de 2012

Coñecedes este planeta?

Fixádevos ben. Parece a Terra (de feito é a Terra) , pero a distribución de continentes e océanos  é diferente á actual. Hai un supercontinente, pero non é Panxea. Como se chama este supercontinente?. O Video está en http://www.youtube.com/user/habitabilitylab 

jueves, 9 de febrero de 2012

O vindeiro supercontinente

Estes días podedes atopar en  diversos medios de información referencias a Amasia, un supercontinente futuro que se podería formar  pola colisión  de América e Eurasia na zona polar do hemisferio norte, pechando boa parte do Oceano Ártico.  Nesta ligazón tedes o que publica un deses medios de información xeral, e nesta outra a publicación orixinal na revista científica Nature. ( A imaxe procede de: www.nature.com)

lunes, 6 de febrero de 2012

Tectónica de placas animada

Déixovos aquí unha ligazón que reúne varias animacións sobre o interior da Terra e os procesos relacionados coa dinámica das placas litosféricas. Espero que vos aclaren ideas e que vos inspiren ideas para o traballo deste segundo trimestre.
Ir ás animacións

miércoles, 11 de enero de 2012

Un doodle xeolóxico

Hoxe, ao entrar en internet atopei a unha agradábel xeosorpresa. O buscador Google dedicalle un dos seus "doodles" conmemorativos a Nicolás Steno (Niels Stensen). Moitos de vós mencionáchedes a este persoaxe no voso traballo do primeiro trimestre, pero... quen era  e que aportacións fixo á ciencia?

domingo, 8 de enero de 2012

Os fósiles

O voso traballo do 1º trimestre consistiu en buscar información básica sobre os fósiles. En síntese, averiguáchedes que un fósil é un resto dun organismo ou da súa actividade conservado de maneira permanente nas rochas sedimentarias, e que  o proceso de fosilización é complexo e moi improbable.
Ainda que cada ano os paleontólogos descubren novas especies o rexistro fósil sempre será  moi incompleto. A inmensa maioría das especies que viviron ao longo dos tempos xeolóxicos non chegaron a fosilizar.
Con todo, os fósiles son moi útiles en xeoloxía: sirven para datar as rochas que os conteñen, permiten describir paleoambientes e paleoclimas, son probas da evolución dos seres vivos...e son unha parte importantísima do patrimonio natural daquelas zonas que teñen a fortuna de telos.
En Galicia, a pesares de existir un rico e variado patrimonio xeolóxico, apenas ten  formacións rochosas con fósiles. A que pode deberse esta circunstancia?