martes, 9 de octubre de 2012

O experimento de Gurdon

Hoxe os medios de comunicación informan   da concesión do  Nobel de Medicina  e Fisioloxía  de 2012 a  John B. Gurdon e Shinya Yamanaka. O galardón premia os traballos destes investigadores  na reprogramación de células troncais adultas (as mal chamadas células nai).  Casualmente, onte mesmo na clase, e sen coñecer   ainda esta  nova, comentamos un dos primeiros experimentos de Gurdon  (alá polos anos 60 do século XX) co anfibio Xenopus laevis, e que demostrou  que as células diferenciadas conservan toda a información xenética.  En relación cos experimentos de Gurdon tedes aquí un breve artigo de Javier Sampedro "La rana que llegó a Roma"
E falando de reprogramacións, hai só uns días tamén se coñeceu que un equipo de investigadores conseguiu reprogramar células adultas dunha femia de rato  para que se converteran en óvulos, os cales deron posteriormente unha camada de ratiños.
En fin, noraboa a Gurdon e a Yamanaka!