Ver este post neste mesmo blog
Ou este video de Stated Clearly:
domingo, 19 de marzo de 2017
sábado, 11 de marzo de 2017
BIOTECNOLOXÍA II : COMO OBTER UN ORGANISMO TRANSXÉNICO
Déixovos varias animacións sobre o proceso a seguir para a obtención de organismos transxénicos:
O proceso en versión animada: Animación 3
Animación 1: Recursostic CIDEAD
Animación 2: Obtención de insulina humana
Imaxe inferior : obtención dunha planta transxénica resistente a insectos:
1º- Íllase un xene que codifica a produción dun insecticida natural. Neste caso, o organismo doador do xene de interese (CRY) é unha bacteria chamada Bacillus thurigiensis.
2º- Insértase o xene CRY nun plásmido da bacteria Agrobacterium tumefaciens, que produce infeccións en plantas. Estes plásmidos constitúen o vector de transferencia.
3º- Reintrodúcense os plásmidos modificados en Agrobacterium. Estas bacterias ao reproducirse en cultivo, multiplican o xene CRY.
4º- Inféctanse células vexetais con cultivos de Agrobacterium modificadas . Algunhas delas incorporarán o xene CRY no seu ADN.
5º- Estimúlase ás células vexetais modificadas a desenvolver novas plantiñas, que levarán o xene CRY.
Ao expresarse o xene CRY nas plantas transxénicas , estas producen o insecticida. Cando estas plantas se cultiven no campo, non será necesario aplicar insecticidas.
O proceso en versión animada: Animación 3
Como se expresa a mensaxe xenética?
Como sabedes, o fenotipo
dunha célula (ou dun individuo) é conxunto dos seus trazos ou caracteres observables. O fenotipo é o resultado da expresión dos xenes nun determinado ambiente. O soporte material
dos xenes é o ADN , que nas células eucarióticas está aloxado no núcleo ,de onde non pode saír .
Se ben a causa última do fenotipo é a información contida no ADN, a causa
inmediata son as proteínas. As proteínas
son as obreiras ou máquinas especializadas
que executan todas as accións necesarias para que a célula funcione . É
a presenza ou a actividade das súas proteínas
a que fai que unha célula sexa como é, é dicir, que teña un determinado
fenotipo.
Pero, posto que a información está no ADN , as instrucións
para fabricar as proteínas deben estar no ADN, nonsí?. Cal é entón a ruta que percorre a información xenética para materializarse finalmente en forma de proteínas? . Dado que
as proteínas se sintetizan no citoplasma celular , como se transfiren ate aí as instrucións para facelo , estando o ADN
confinado no núcleo?
Foi Francis Crick, un dos descubridores da estrutura do ADN,
o primeiro en describir a ruta pola que flúe
a información xenética dende o ADN ate a súa
expresión final en forma de
proteínas . Crick bautizou a esta
ruta como "Dogma Central da Bioloxía", e estaría integrada por tres procesos: replicación,
transcrición e tradución.
A replicación é o proceso polo que o ADN fai copias de si mesmo coa finalidade de transmitir información xenética á descendencia. Exercicio interactivo sobre a replicación do ADN
A transcrición é o copiado de ADN a ARN mensaxeiro, quen se encarga de transportar a información ao citoplasma .
A tradución é a lectura e decodificación do ARN mensaxeiro para sintetizar unha proteína . Exercicio sobre tradución
Etiquetas:
Ácidos nucleicos,
ADN,
Animacións,
ARN,
codigo xenético,
expresión da mensaxe xenética,
Fenotipo,
Xenetica,
Xenotipo
Suscribirse a:
Entradas (Atom)