lunes, 26 de septiembre de 2011

Comeza o curso

Despois dun par de anos de inactividade o blogue de Bioloxía e Xeoloxía de 4º curso da ESO do IES Auga da Laxe ponse en marcha de novo. O blogue vai a ser o noso diario-guía das clases. Atoparedes resumes sobre os contidos traballados durante a semana, consellos, avisos, pequenas tarefas, ligazóns de interese, etc. Deámoslle  a benvida ao novo curso cun consello: visitade o blogue con frecuencia . Cada semana haberá algún novo contido.
Imaxe: fósiles de Ammonites (tomada de http://cache2.allpostersimages.com/p/LRG/21/2173/YWLCD00Z/posters/waltham-tony-fossils-ammonites.jpg