sábado, 28 de febrero de 2009

Obtención de células "nai"

No xornal "El Mundo" ofrécennos esta boa animación sobre os procedementos para obter células troncais. Premede aquí para vela.

lunes, 23 de febrero de 2009

Xa era hora!



Aínda que non chegamos aos temas de xeoloxía, creo oportuno deixar aquí constancia desta magnífica noticia. Por fin a Administración recoñece ao patimonio xeolóxico como algo digno de conservarse, pero , por que protexer ás pedras?. Bueno, sí hai algunhas que merecen protexerse pola beleza das paisaxes que conforman, pero ...total, son seres inanimados, non sufren . Máis alá do seu interese como materiais de construcción, para que sirven?.

Para respostar a esta pregunta, recoméndovos a lectura da Declaración Internacional dos Dereitos á Memoria da Terra , un fermoso e lúcido texto.
Declaración de Digne en portugués
Declaración de Digne en español

miércoles, 11 de febrero de 2009

Os lobos negros levan un xene emprestado

Conta Elizabeth Pennisi nas novas da revista científica Science do 5 de febreiro de 2009, que os lobos norteamericanos que percorren as xeadas tundras seguindo aos caribúes nas súas migracións tenden a ser de color gris clara , o que lles permite pasar desapercibidos na neve. En cambio, nas zonas boscosas situadas máis ao sur son bastante comúns os lobos escuros, posiblemente porque poden moverse entre as sombras sen seren vistos. O xenetista Greg Barsh, da Universidade de Stanford, e o especialista en bioloxía canina Robert Wayne , da Universidade de California, acaban de localizar a variante do xene responsábel da pelaxe de cor negra nos lobos, chegando a conclusión de que procede de cans domésticos que se cruzaron con algúns dos seus curmáns salvaxes hai uns 10000 anos . Os cans chegaron a América dende Eurasia acompañando aos seres humanos na súa travesía do estreito de Bering; alí atoparon aos seus parentes lobunos e algúns , polo visto, fixeron "boas migas" con eles.


Máis adiante, nas zonas onde a pelaxe negra supoñía unha vantaxe, os lobos que levaban o xene canino proliferaron. Actualmente a variante de pelo negro aparece nun 19% dos lobos dos bosques, mentres que só aparece no 2% dos lobos das tundras.

Este é un achado excepcional, xa que os xenetistas adoitaban pensar que a hibridación supoñía un atranco para a adaptación. Agora sabemos que non sempre é así; no caso dos lobos a introducción dunha variante xenética allea resultou no aumento da capacidade de adaptación da especie. E os seres humanos tivemos algo que ver -involuntariamente por suposto- co asunto.

No ano en que se cumpren 200 anos do nacemento de Charles Darwin e os 150 da publicación da súa obra "A Orixe das Especies", a ciencia ofrécenos este fermoso exemplo da selección natural en acción.

martes, 10 de febrero de 2009

Virus e cancro


Acabo de ler esta noticia, e estou intrigada : se o cancro o pode producir un virus, entón esta enfermidade pode ser contaxiosa como a gripe?

martes, 3 de febrero de 2009

Mutación xenética.

Unha mutación xenética explicaría que unha excesiva exposición a manganeso poda producir párkinson.

www.lavozdegalicia.es/sociedad/2009/02/03/0003_7503403.htm

domingo, 1 de febrero de 2009

Máis sobre clonaxe animal


Outra reportaxe moi interesante sobre a clonaxe de animais e as súas implicacións: benestar animal, saúde humana , etc .
Será perigoso comer carne de animais obtidos mediante esta técnica?. É a clonaxe unha manipulación xenética ou non?. Sería interesante recurrir á clonaxe para "resucitar" especies extinguidas?, e para librar da extinción a especies ameazadas?

A imaxe, tomada do xornal El País do 1-02-09 corresponde a "Alcalde" un touro de lidia que os seus propietarios queren clonar.Premede aquí para acceder ao artigo completo.
Buscade máis información e facede os vosos comentarios.