martes, 1 de noviembre de 2016

DA CROMATINA AOS CROMOSOMAS

Fillos de tres proxenitores


Na ligazón tedes a nova sobre o nacemento do primeiro neno que ten un pai e dúas nais. Esta técnica permite obter embrións libres de certas enfermedades xenéticas, concretamente das que se transmiten a través do  ADN das mitocondrias.
http://www.elmundo.es/salud/2016/09/27/57ea979946163f37608b4591.html


martes, 4 de octubre de 2016

A célula, unidade da vida

Premede na ligazón para acceder aos recuros interactivos CIEDAD sobre a Teoría celular e a estrutura das células.

Ir ao recurso

E nesta outra ligazón tedes unha animación interactiva sobre a ultraestrutura dunha célula eucariótia animal. Podedes aumentar ou diminuir o tamaño para ver máis ou menos detalles. Ao pousar o cursor sobre os diferentes orgánulos  aparece unha pequena descrición de cada un.
Anatomía da célula John Kyrk


A escala do universo

Premede aquí para ver unha fermosa infografía  interactiva  sobre a escala do universo, dende o máis pequeno ata o más grande. Gozádea!


sábado, 23 de abril de 2016

Extracción de ADN de amorodos

Este é o procedemento que empregamos o venres no laboratorio (con pequeñas variantes). Non é necesario o alcohol isopropílico, vale perfectamente o alcohol cosmético que temos no botiquín da casa. Isi  sí, eu o deixaría unas horas no frogorífico para que estea ben frío no momento de úsalo. Como deterxente líquido tamén pode valer o de lavar roupa ou champú. Tampouco é imprescindible o filtro de papel(que é un filtro dos de facer café  que se venden nos supermercados), vale perfectamente un coador ordinario(de malla fina, a ser posible). Animádevos a facelo na casa e deixar ás vosas familias coa boca aberta!.  E seguide comendo amorodos co seu ADN e todo, eh?

martes, 19 de abril de 2016

Que é un organismo transxénico e como se obtén

Expresión da información contida nos xenes

A maior parte dos xenes codifican a secuencia de aminoácidos dunha proteína. É a actividade das proteínas a que se plasma nunha determinada característica ou rasgo.  As proteínas sintetízanse no citoplasma das células, mentres que o ADN que contén as instruccións para facelo está no núcleo. O primeiro paso é a transcrición : facer una copia do xene  en forma de ARN (ARN mensaxeiro). O ARN leva a información ao citoplasma, onde se decodifica e se forma a proteína , proceso chamado tradución.  O código xenético, que permite a decodificación da mensaxe do ARNm é universal; compartímolo  todos os seres vivos. Unha proba entre outras moitas da nosa orixe común.



Outra animación do proceso de transcrición (formación do ARN mensaxeiro)
Outra animación do proceso de tradución (lectura do ARNm e síntese da proteína)

Actividade interactiva: transcribe e traduce un xene

Cariotipo e cariograma

O cariotipo, como xa sabedes, é o conxunto de cromosomas propio dunha célula ou das células dun organismo. Un cariograma  é un diagrama  do cariotipo, onde os distintos pares de cromosomas aparecen  en orde de tamaño decrecente.  Exercicio interactivo "completar un cariotipo humano"

Cariograma humano feminino





Relación entre cromosomas, ADN e xenes

Os cromosomas son estruturas filamentosas que conteñen  a información xenética dun individuo. Atópanse no núcleo das células e están formados por ADN e proteínas. Cando a célula está en interfase, os cromosomas non son discernibles , debido a que se atopan nunha forma laxa, pouco condensada. En cambio, cando una célula se divide, os cromosomas, previamente duplicados,  condénsanse ( a súa lonxitude diminúe e o seu grosor aumenta) adoptando o seu aspecto máis coñecido: corpos densos, ben definidos con forma de "X". O mellor momento para visualizalos é a metafase . Un cromosoma metafásico está típicamente formado por dúas copias idénticas (as cromátides) unidas polo centrómero.























O cariotipo é o conxunto de cromosomas  propio dunha célula  ou dunha especie. Nas células dos organismos diploides todos os cromosomas están repetidos dúas veces, formando parellas de homólogos (un procedente do pai e outro da nai). O cariotipo humano consta de 23 parellas de cromosomas, o da mosca da froita (Drosophila melanogaster) de 4 parellas,etc

Ainda que , como mencionamos anteriormente, os cromosomas conteñen proteínas e ADN, é este último o que leva a información xenética. O ADN está  integrado por pequeñas unidades de información  chamadas xenes. Os xenes sitúanse un detrás de outro no ADN, e o lugar concreto que ocupa un xene no cromosoma é o seu locus. 


DIVISIÓN CELULAR

Mitose vs Meiose (entrada antigua deste blog)

Mitose
Meiose
Comparación entre mitose e meiose dunha célula nai diploide con 2n=4 cromosomas (os maternos en rosa e os paternos en azul) Imaxe tomada de: https://gensencillo.files.wordpress.com/2010/08/mitosisvsmeiosis.gif

O ADN

Déixovos o video que puxen hai uns días na clase. Desta vez está dobrado ao castelán (iso sí, con acento) , así que non tedes que ler os subtítulos.
Abaixo tedes tamén as ligazóns para ver as animacións.                                                         


A xenética en RecursosTIC CIDEAD 
Estrutura do ADN en Bionova
O ADN en Biomodel
Constrúe una molécula de ADN
Replicación do ADN
Exercicio interactivo sobre a estrutura e a replicación do ADN
Transcrición do ADN a ARNm
Tradución (síntese de proteínas)
Exercicio interactivo sobre tradución