martes, 19 de abril de 2016

Expresión da información contida nos xenes

A maior parte dos xenes codifican a secuencia de aminoácidos dunha proteína. É a actividade das proteínas a que se plasma nunha determinada característica ou rasgo.  As proteínas sintetízanse no citoplasma das células, mentres que o ADN que contén as instruccións para facelo está no núcleo. O primeiro paso é a transcrición : facer una copia do xene  en forma de ARN (ARN mensaxeiro). O ARN leva a información ao citoplasma, onde se decodifica e se forma a proteína , proceso chamado tradución.  O código xenético, que permite a decodificación da mensaxe do ARNm é universal; compartímolo  todos os seres vivos. Unha proba entre outras moitas da nosa orixe común.



Outra animación do proceso de transcrición (formación do ARN mensaxeiro)
Outra animación do proceso de tradución (lectura do ARNm e síntese da proteína)

Actividade interactiva: transcribe e traduce un xene

No hay comentarios:

Publicar un comentario