jueves, 29 de enero de 2009

Unha mascota ben cara


O primeiro can clonado por encargo xa está na casa cos seus donos. Premede aquí para ler a reportaxe completa .
Escribide nos comentarios os pasos que houbo que dar para obter a este cadeliño.
Nesta ligazón atoparedes unha animación sobre a clonación.

martes, 27 de enero de 2009

O desxeo na Antártida


Hoxe no Faro de Vigo aparecía esta noticia



Trata sobre o desxeo da Antártida

Saudos

Así empezou a vida


Agora que estades estudando a estructura e función dos ácidos nucleicos é moi oportuno que leades este artigo. Fálanos da hipótese do ARN como material xenético da vida primixenia e tamén do proceso de selección natural. Unha boa maneira de comezar as celebracións do "Ano de Darwin".
Como definiríades a selección natural?
É a evolución un proceso lento?

sábado, 17 de enero de 2009

Muraño velenoso





Cando vaiades de paseo polas selvas da República Dominicana, tede coidado con este animaliño peludo. Solenodon paradoxus , que é como a ciencia chama a esta especie de muraño xigante, é un bicho tímido e fuxidío pero é velenoso, algo extraordinariamente raro nun mamífero.
A pesares de tanta ameaza, a biodiversidade do noso castigado planeta continúa a darnos estes regalos. Esperemos que Solenodon teña sorte e poda seguir movendo os bigotes e agachándose nos recunchos dos bosques dominicanos para sempre.

martes, 13 de enero de 2009

Saúdo de benvida


Moi boas a todos !
Dende o IES Auga da Laxe de Gondomar, inauguramos solemnemente este blogue sobre a asignatura de bioloxía e xeoloxía de 4º curso da ESO.

Animádevos a participar!