viernes, 27 de marzo de 2015

Constrúe unha molécula de ADN

Na seguinte ligazón tedes unha animación didáctica interactiva moi sinxela para construír unha molécula de ADN

Constrúe  unha molécula de ADN

E na seguinte, outra para transcribir ADN  a ARN e traducilo á proteína correspondente:

Transcribe e traduce un xene

E aquí atoparedes tamén tres animacións obre os mesmos aspectos:
http://aulaenred.ibercaja.es/contenidos-didacticos/adn-el-alfabeto-de-la-vida/#ver


martes, 10 de marzo de 2015

Mitose e meiose

Nesta presentación podedes comparar os procesos de mitose e meiose nunha célula que diploide con tres parellas de cromosomas. Facede "clic" co rato para ir avanzando.

martes, 3 de marzo de 2015

Ciclo celular

O ciclo celular é a secuencia de modificacións que sofre unha célula dende a súa formación (por división dunha célula anterior) ata que se divide orixinando dúas células fillas. Ver libro de texto páxina 15
A continuación tes algunhas ligazóns con animacións  sobre o ciclo celular e a mitose:

Animación interactiva sobre o ciclo celular

Mitose:
Animacion 1
Animación 2
Interactivo: momentos da mitose

Que é a vida?

“A vida é materia sensible ao seu  medio ambiente”
                                                          Lynn Margulis (1938-2011)
                                           

Os seres vivos somos materia moi organizada. Esta organización comeza polas partículas subatómicas  , continúa  cos átomos, as moléculas, os complexos supramoleculares..., pero o nivel no que emerxe a propiedade da vida é  o nivel celular. Unha célula é unha estrutura formada por un conxunto moi organizado de moléculas  que é quen de automanterse, interactuar co seu contorno e reproducirse.
Niveis de organización dos seres vivos
Todo sobre a célula


Añadir leyenda