viernes, 25 de mayo de 2012

Exercicios de xenética

Explorando a rede atoparedes numerosas páxinas con exercicios de xenética mendeliana. Moitas delas proporcionan tamén as solucións. Aquí vos deixo algunhas:
http://www.bioygeo.info/GeneticaBG4.htm

miércoles, 23 de mayo de 2012

Un problema de coellos indios

O coello indio ou cobaia , animaliño amplamente utilizado en ensaios médicos , tamén pode propoñernos interesantes experimentos de xenética. Déixovos unha ligazón a un exercicio animado sobre a xenética mendeliana  versión roedor. Premer aquí para ir ao exercicio
Imaxe tomada da Wikipedia

jueves, 17 de mayo de 2012

Leis de Mendel

Esta semana estamos estudiando os experimentos de hibridación de Mendel, que levaron ao descubrimento das leis básicas da herdanza nos organismos con reproducción sexual. Aquí tedes unha das numerosas animacións que sobre este tema podemos atopar na rede.  Ver animación leis de Mendel

martes, 8 de mayo de 2012

División celular: Meiose

A meiose ou división reduccional é un mecanismo de división celular no que unha célula nai diploide produce 4 células fillas haploides. Este mecanismo é exclusivo das células da liña xerminal, que son as que están destinadas a producir gámetas .
Polo tanto a meiose está estreitamente relacionada coa  reproducción sexual, só poden experimentala células diploides e só aquelas que pertenzan á liña xerminal.
Pero...por que razón as gámetas teñen que ser haploides?
Nas ligazóns tedes varias animacións da meiose, e ao igual que vos dicía  no caso da mitose, hai moitas máis na internet. Gústame especialmente a primeira, porque detalla con moita claridade o que lles pasa aos cromosomas homólogos e ás cromátidas irmás.
Meiose1
Meiose 2
Meiose 3

División celular: Mitose

As células reproducense asexualmente mediante un proceso de división chamado mitose. .
Todo ser pluricelular  procede dunha única célula inicial que se multiplica por mitoses sucesivas , pero en lugar de separarse para levar unha vida independente, as células fillas permanecen xuntas , constituindo un único individuo.Así pois, nos organismos pluricelulares a mitose pode implicar desenvolvemento, crecemento, reparación  tisular,  rexeneración .. . e , por suposto, tamén producción de descendencia.
As células responden a sinais internas e externas para comezar a dividirse ou para deixar de facelo. Pero ás veces algunha célula ignora esas sinais e se divide de forma incontrolada, xenerando unha masa ou tumor; esta é a causa primeira do cancro.
Na mitose, unha célula nai producirá dúas células fillas (a célula nai, como tal, desaparece no proceso) que son xenéticamente idénticas á célula nai(clónicas), pero para iso é preciso un complexo e delicado mecanismo de reparto dos cromosomas.
Déixovos tres animacións sobre a mitose. Podedes buscar máis na rede; hai moitísimas e é difícil escoller...
Mitose(animación interactiva de CellsAlive)
Mitose animada
Outra mitose animada