A meiose ou división reduccional é un mecanismo de división celular no que unha célula nai diploide produce 4 células fillas haploides. Este mecanismo é exclusivo das células da liña xerminal, que son as que están destinadas a producir gámetas .
Polo tanto a meiose está estreitamente relacionada coa reproducción sexual, só poden experimentala células diploides e só aquelas que pertenzan á liña xerminal.
Pero...por que razón as gámetas teñen que ser haploides?
Nas ligazóns tedes varias animacións da meiose, e ao igual que vos dicía no caso da mitose, hai moitas máis na internet. Gústame especialmente a primeira, porque detalla con moita claridade o que lles pasa aos cromosomas homólogos e ás cromátidas irmás.
Meiose1
Meiose 2
Meiose 3
No hay comentarios:
Publicar un comentario