As células reproducense asexualmente mediante un proceso de división chamado mitose. .
Todo ser pluricelular procede dunha única célula inicial que se multiplica por mitoses sucesivas , pero en lugar de separarse para levar unha vida independente, as células fillas permanecen xuntas , constituindo un único individuo.Así pois, nos organismos pluricelulares a mitose pode implicar desenvolvemento,
crecemento, reparación tisular, rexeneración .. . e , por suposto,
tamén producción de descendencia.
As células responden a sinais internas e externas para comezar a dividirse ou para deixar de facelo. Pero ás veces algunha célula ignora esas sinais e se divide de forma incontrolada, xenerando unha masa ou tumor; esta é a causa primeira do cancro.
Na mitose, unha célula nai producirá dúas células fillas (a célula nai, como tal, desaparece no proceso) que son xenéticamente idénticas á célula nai(clónicas), pero para iso é preciso un complexo e delicado mecanismo de reparto dos cromosomas.
Déixovos tres animacións sobre a mitose. Podedes buscar máis na rede; hai moitísimas e é difícil escoller...
Mitose(animación interactiva de CellsAlive)
Mitose animada
Outra mitose animada
No hay comentarios:
Publicar un comentario