lunes, 17 de diciembre de 2012

5 Reinos

En 1969, Robert Wittaker substituiu a clasificación tradicional dos seres vivos en animais e plantas por unha que contemplaba 5 reinos:  Moneras, Protistas, Fungos, Animais e Plantas. Esta é a clasificación, moi cómoda e manexable,  que ainda aparece na maioría dos libros de texto escolares. Na actualidade estase a abrir paso outra clasificación, que contempla unha nova categoría  superior ao Reino : o Dominio , recoñecéndose 3 grandes dominios de seres vivos : Archaea (Arqueas), Bacteria e Eucarya (Eucariotas). No dominio Eucarya inclúense 4 dos 5 reinos de Wittaker : Protistas, Fungos, Animais e Plantas, mentres que o antigo reino dos Monera, que inclúe a todos os organismos con célula procariótica, divídese en dous : os dominios Archaea e Bacteria.
Animación 5 Reinos
Imaxe tomada da Wikipedia

sábado, 15 de diciembre de 2012

Un mundo de microbios

O outro día na clase comentei que a vida na Terra é predominantemente microbiana. Os primeiros seres vivos que poboaron o noso planeta eran bacterias e arqueas, seres unicelulares e procariotas capaces de vivir nos máis variados ambientes  e de facer unha enorme variedade de cousas. Déixovos aquí algunhas lecturas sobre este tema:

Artigo nº1
Artigo nº 2
Artigo nº 3


jueves, 6 de diciembre de 2012