miércoles, 11 de enero de 2012

Un doodle xeolóxico

Hoxe, ao entrar en internet atopei a unha agradábel xeosorpresa. O buscador Google dedicalle un dos seus "doodles" conmemorativos a Nicolás Steno (Niels Stensen). Moitos de vós mencionáchedes a este persoaxe no voso traballo do primeiro trimestre, pero... quen era  e que aportacións fixo á ciencia?

domingo, 8 de enero de 2012

Os fósiles

O voso traballo do 1º trimestre consistiu en buscar información básica sobre os fósiles. En síntese, averiguáchedes que un fósil é un resto dun organismo ou da súa actividade conservado de maneira permanente nas rochas sedimentarias, e que  o proceso de fosilización é complexo e moi improbable.
Ainda que cada ano os paleontólogos descubren novas especies o rexistro fósil sempre será  moi incompleto. A inmensa maioría das especies que viviron ao longo dos tempos xeolóxicos non chegaron a fosilizar.
Con todo, os fósiles son moi útiles en xeoloxía: sirven para datar as rochas que os conteñen, permiten describir paleoambientes e paleoclimas, son probas da evolución dos seres vivos...e son unha parte importantísima do patrimonio natural daquelas zonas que teñen a fortuna de telos.
En Galicia, a pesares de existir un rico e variado patrimonio xeolóxico, apenas ten  formacións rochosas con fósiles. A que pode deberse esta circunstancia?