sábado, 12 de diciembre de 2015

Deformación de rochas

Déixovos esta ligazón con teoría e animacións  sobre a deformación das rochas e as estruturas resultantes.
Premer aquí

Tectónica de placas

viernes, 16 de octubre de 2015

A datación radiométrica

Os métodos de datación xeolóxica , poden ser absolutos , que permiten atribuír unha idade concreta a unha rocha ou mineral, ou relativos, que só permiten  ordenar sucesos ou materiais pola súa antigüidade.
O radiométrico é un método de datación absoluta que emprega a desintegración de isótopos inestables de certos elementos contidos nas rochas  como reloxo para determinar  a  súa idade. Atoparedes este contido nas páxinas 218-219 do libro de texto. Déixovos aquí a presentación sobre o método radiométrico:

A idade da Terra

O tema da idade da Terra  aparece nas páxinas  216 -217 do libro de texto. Sobre este tema, podedes ler este artigo : premer aquí.

A formación do sistema solar

Nesta  ligazón tedes o documental sobre a orixe do sistema solar  que vimos na clase. Podedes ir tamén a esta páxina, onde atoparedes un resumo do proceso e, se alguén está especialmente interesado e quere ampliar coñecementos, pode visitar a páxina de astromía. Lembrade que, ainda que este tema no está no libro de texto, é materia de avaliación.

domingo, 27 de septiembre de 2015

Introdución á ciencia da xeoloxía

Aquí vos deixo a presentación de clase sobre a xeoloxía. O vídeo sobre a orixe da terra  tédelo aquí.

XEOLOXÍA
View more presentations or Upload your own.

martes, 12 de mayo de 2015

Resolución de problemas de xenética

Déixovos  tres ligazóns onde podedes atopar problemas de xenética mendeliana e as súas solucións:

Aquí   ,  aquí     e  aquí


lunes, 20 de abril de 2015

Cría de pichóns

Nesta web tedes unha actividade que consiste no cruzamento  virtual de pombas  e practicar os vosos coñecementos de xenética. Está en inglés, pero se entende ben e é moi entretida. Iso sí, empregade os navegadores Mozilla Firefox, Internet Explorer ou Opera. Con Google Chrome non funciona.
A criar pichóns!

http://learn.genetics.utah.edu/content/pigeons/pigeonetics/


viernes, 17 de abril de 2015

viernes, 27 de marzo de 2015

Constrúe unha molécula de ADN

Na seguinte ligazón tedes unha animación didáctica interactiva moi sinxela para construír unha molécula de ADN

Constrúe  unha molécula de ADN

E na seguinte, outra para transcribir ADN  a ARN e traducilo á proteína correspondente:

Transcribe e traduce un xene

E aquí atoparedes tamén tres animacións obre os mesmos aspectos:
http://aulaenred.ibercaja.es/contenidos-didacticos/adn-el-alfabeto-de-la-vida/#ver


martes, 10 de marzo de 2015

Mitose e meiose

Nesta presentación podedes comparar os procesos de mitose e meiose nunha célula que diploide con tres parellas de cromosomas. Facede "clic" co rato para ir avanzando.

martes, 3 de marzo de 2015

Ciclo celular

O ciclo celular é a secuencia de modificacións que sofre unha célula dende a súa formación (por división dunha célula anterior) ata que se divide orixinando dúas células fillas. Ver libro de texto páxina 15
A continuación tes algunhas ligazóns con animacións  sobre o ciclo celular e a mitose:

Animación interactiva sobre o ciclo celular

Mitose:
Animacion 1
Animación 2
Interactivo: momentos da mitose

Que é a vida?

“A vida é materia sensible ao seu  medio ambiente”
                                                          Lynn Margulis (1938-2011)
                                           

Os seres vivos somos materia moi organizada. Esta organización comeza polas partículas subatómicas  , continúa  cos átomos, as moléculas, os complexos supramoleculares..., pero o nivel no que emerxe a propiedade da vida é  o nivel celular. Unha célula é unha estrutura formada por un conxunto moi organizado de moléculas  que é quen de automanterse, interactuar co seu contorno e reproducirse.
Niveis de organización dos seres vivos
Todo sobre a célula


Añadir leyenda