domingo, 30 de marzo de 2014

Manifestacións do dinamismo da Terra

Os procesos xeolóxicos como a erosión ou desgaste do relevo non sempre son lentos e graduais a escala humana. De vez en cando son moi rápidos e é entón cando poden supoñer un risco . Aquí tedes algúns exemplos, que poden  darvos pé a reflexionar sobre o papel dos seres humanos como axentes  xeolóxicos. Cal credes que é o papel dos humanos en cada un destes tres casos?. Que outros exemplos de fenómenos xeolóxicos rápidos coñecedes?

1. Maierato (Calabria, Italia)                                                                                                                            


2. Estados Unidos:



3. Noruega:

A xeocronoloxía e a idade da Terra

Aquí tedes o documental que comezamos a ver a semana pasada.  Na parte que vimos introducíanse xa algúns principios e   conceptos básicos de xeoloxía : o dinamismo da Terra, as rochas como arquivos dos acontecementos do pasado do noso planeta, estratos, sedimentos, erosión, sedimentación...