Como sabedes, o fenotipo
dunha célula (ou dun individuo) é conxunto dos seus trazos ou caracteres observables. O fenotipo é o resultado da expresión dos xenes nun determinado ambiente. O soporte material
dos xenes é o ADN , que nas células eucarióticas está aloxado no núcleo ,de onde non pode saír .
Se ben a causa última do fenotipo é a información contida no ADN, a causa
inmediata son as proteínas. As proteínas
son as obreiras ou máquinas especializadas
que executan todas as accións necesarias para que a célula funcione . É
a presenza ou a actividade das súas proteínas
a que fai que unha célula sexa como é, é dicir, que teña un determinado
fenotipo.
Pero, posto que a información está no ADN , as instrucións
para fabricar as proteínas deben estar no ADN, nonsí?. Cal é entón a ruta que percorre a información xenética para materializarse finalmente en forma de proteínas? . Dado que
as proteínas se sintetizan no citoplasma celular , como se transfiren ate aí as instrucións para facelo , estando o ADN
confinado no núcleo?
Foi Francis Crick, un dos descubridores da estrutura do ADN,
o primeiro en describir a ruta pola que flúe
a información xenética dende o ADN ate a súa
expresión final en forma de
proteínas . Crick bautizou a esta
ruta como "Dogma Central da Bioloxía", e estaría integrada por tres procesos: replicación,
transcrición e tradución.
A replicación é o proceso polo que o ADN fai copias de si mesmo coa finalidade de transmitir información xenética á descendencia. Exercicio interactivo sobre a replicación do ADN
A transcrición é o copiado de ADN a ARN mensaxeiro, quen se encarga de transportar a información ao citoplasma .
A tradución é a lectura e decodificación do ARN mensaxeiro para sintetizar unha proteína . Exercicio sobre tradución
No hay comentarios:
Publicar un comentario