Hoxe os medios de comunicación informan da concesión do Nobel de Medicina e Fisioloxía de 2012 a John B. Gurdon e Shinya Yamanaka. O galardón premia os traballos destes investigadores na reprogramación de células troncais adultas (as mal chamadas células nai). Casualmente, onte mesmo na clase, e sen coñecer ainda esta nova, comentamos un dos primeiros experimentos de Gurdon (alá polos anos 60 do século XX) co anfibio Xenopus laevis, e que demostrou que as células diferenciadas conservan toda a información xenética. En relación cos experimentos de Gurdon tedes aquí un breve artigo de Javier Sampedro "La rana que llegó a Roma"
E falando de reprogramacións, hai só uns días tamén se coñeceu que un equipo de investigadores conseguiu reprogramar células adultas dunha femia de rato para que se converteran en óvulos, os cales deron posteriormente unha camada de ratiños.
En fin, noraboa a Gurdon e a Yamanaka!
No hay comentarios:
Publicar un comentario