Levaba tempo, certamente demasiado, sen publicar ren. Pero a data do 24 de Novembro non pode pasar sen pena nin gloria. Tal día como hoxe en 1859 publicouse a primeira edición do libro "A orixe das especies" do gran Charles Darwin e, tal día como hoxe, pero en 1974, Donald Johanson e o seu equipo de excavación descubriron un dos fósiles máis famosos do mundo: o de Lucy, unha femia de Australopithecus afarensis que viviu hai 3,2 millóns de anos.
O que se busca é lembrar que todos os seres vivos estamos emparentados, unidos polo fío da evolución biolóxica. Xa sabes , se tes mans (prénsiles) e pés con cinco dedos, uñas planas , polgar opoñible, hemisferios cerebrais ben desenvolvidos... Parabéns! tes todos os síntomas de seres un PRIMATE!
No hay comentarios:
Publicar un comentario