Os fenómenos volcánicos non sempre están asociados aos límites de placas. Tamén existen en zonas intraplaca: son os chamados puntos quentes.
Os puntos quentes ou hot spots son zonas da litosfera situadas por enriba dunha columna de material quente que ascende dende a base do manto . Estas columnas coñécense como penachos térmicos ou "plumas" do manto. Dependendo da magnitude da pluma ou da súa idade, sobre a litosfera situada enriba poden formarse conos volcánicos, como as illas e volcáns submarinos que forman o arquipélago de Hawai, ou grandes mesetas basálticas como a do Deccan , na Indica ou as "Siberian trapps" en Siberia. Se un punto quente se forma baixo un continente, pode chegar a iniciar a súa ruptura e a apertura de un novo océano.
Ver animación sobre a formación de volcáns asociados a un punto quente
No hay comentarios:
Publicar un comentario