lunes, 13 de mayo de 2013

A Terra, un planeta en continuo cambio

Nas últimas clases estamos a introducir a xeoloxía como ciencia que estudia a Terra. Unha das ideas básicas  da xeoloxía é a de que o noso planeta está a cambiar constantemente, ainda que a maior parte deses cambios son tan lentos que non podemos percibilos. Outra das ideas básicas é que a Terra é moi antiga, polo que ao longo do tempo xeolóxico tiveron lugar numerosos cambios, moitos dos cales deixaron as súas pegadas nas rochas. Para reconstruir o pasado do planeta é imprescindible dispoñer dalgún método que permita averiguar a idade das rochas ou das formacións xeolóxicas: referímonos ao métodos de datación xeolóxica.
Cos datos obtidos polos xeólogos  se elaborou  un calendario da historia da Terra ou táboa cronoestratigráfica , que divide o tempo xeolóxico en eóns, eras, períodos (sistemas), series e pisos....

Táboa cronoestratigráfica internacional (actualización 2013)
A xeoloxía en CIDEAD
Proxecto biosfera

No hay comentarios:

Publicar un comentario