Hoxe o buscador Google homenaxea a Mary Anning , a buscadora de fósiles de Lyme Regis
Hai uns anos, publicouse a novela "Las huellas de la Vida" , de Tracy Chevalier, baseada na vida de Mary e noutros persoaxes da época na que a xeoloxía estaba a abrirse camiño como ciencia. Témola na biblioteca do instituto, así que animádevos a pedila!. Que non vos asuste o tema , é un relato moi ameno que mestura feitos reais con ficción.
miércoles, 21 de mayo de 2014
domingo, 30 de marzo de 2014
Manifestacións do dinamismo da Terra
Os procesos xeolóxicos como a erosión ou desgaste do relevo non sempre son lentos e graduais a escala humana. De vez en cando son moi rápidos e é entón cando poden supoñer un risco . Aquí tedes algúns exemplos, que poden darvos pé a reflexionar sobre o papel dos seres humanos como axentes xeolóxicos. Cal credes que é o papel dos humanos en cada un destes tres casos?. Que outros exemplos de fenómenos xeolóxicos rápidos coñecedes?
1. Maierato (Calabria, Italia)
2. Estados Unidos:
3. Noruega:
1. Maierato (Calabria, Italia)
2. Estados Unidos:
3. Noruega:
Etiquetas:
Dinámica da Terra,
Procesos externos,
Riscos xeolóxicos,
Xeoloxía
A xeocronoloxía e a idade da Terra
Aquí tedes o documental que comezamos a ver a semana pasada. Na parte que vimos introducíanse xa algúns principios e conceptos básicos de xeoloxía : o dinamismo da Terra, as rochas como arquivos dos acontecementos do pasado do noso planeta, estratos, sedimentos, erosión, sedimentación...
Etiquetas:
historia da Terra,
Idade da Terra,
Tempo xeolóxico,
Xeocronoloxía,
Xeoloxía
lunes, 10 de febrero de 2014
Calendario xeolóxico
No vínculo tedes acceso ao calendario do tempo xeolóxico . Como poderedes constatar é exactamente o mesmo que temos colgado no taboleiro da aula.
Pero.., que entendemos por "tempo xeolóxico" ?
Pero.., que entendemos por "tempo xeolóxico" ?
lunes, 27 de enero de 2014
Reconstrúen o fenotipo dun europeo de hai 7000 anos
Estes días moitos medios de comunicación publicaron a nova da secuenciación completa do xenoma dun Homo sapiens do mesolítico europeo. Esta secuenciación permitiu deducir que este individuo tiña a pel máis escura cós actuais europeos e os ollos azuis. Debería sorprendernos?
Investigadores del CSIC indentifican el primer genoma de los pobladores de nuestro continente
viernes, 25 de octubre de 2013
O código xenético e a síntese de proteínas
Déixovos dúas animacións interactivas sobre o código xenético e sobre os procesos de transcrición e traducción. Desfrutádeas.
Etiquetas:
ADN,
ARN,
Bioloxía,
Código xenético,
Síntese de proteínas,
Traducción,
Transcrición,
Xenética
Suscribirse a:
Entradas (Atom)