Mostrando entradas con la etiqueta Idade da Terra. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Idade da Terra. Mostrar todas las entradas

viernes, 16 de octubre de 2015

A formación do sistema solar

Nesta  ligazón tedes o documental sobre a orixe do sistema solar  que vimos na clase. Podedes ir tamén a esta páxina, onde atoparedes un resumo do proceso e, se alguén está especialmente interesado e quere ampliar coñecementos, pode visitar a páxina de astromía. Lembrade que, ainda que este tema no está no libro de texto, é materia de avaliación.

domingo, 30 de marzo de 2014

A xeocronoloxía e a idade da Terra

Aquí tedes o documental que comezamos a ver a semana pasada.  Na parte que vimos introducíanse xa algúns principios e   conceptos básicos de xeoloxía : o dinamismo da Terra, as rochas como arquivos dos acontecementos do pasado do noso planeta, estratos, sedimentos, erosión, sedimentación...

domingo, 9 de octubre de 2011

Entrevista a James Hutton

James Hutton, considerado por moitos como o pai da xeoloxía moderna, foi un dos grandes representantes da Ilustración  escocesa. Como xa sabedes, a pesares da apariencia estática e inmutábel  do relevo e das rochas , Hutton cría ver nos seus percorridos polo campo numerosas pegadas de grandes cambios, como  por exemplo restos de cordilleiras desgastadas cubertas por novas capas de rocha. A pregunta era inevitábel: canto tempo tarda en desgastarse unha cadea montañosa ? e canto tempo tarda en formarse unha nova cordilleira a partir do  pregamento dos restos doutra anterior?. Así que para Hutton a Terra tiña que ser necesariamente  moi vella, tanto que , segundo él, non atopamos vestixios do seu comenzo, nin perspectiva dun final. Grande herexía, considerando que nesa época a idea dominante era a dunha Terra xoven, creada por deus hai uns 6000 anos!.
Neste vídeo (en inglés) podedes ver a uns actores representando unha  entrevista a James Hutton. Podedes atopar a transcripción aquí: ver transcripción


http://www.ltscotland.org.uk/scottishenlightenment/index.asp

lunes, 3 de octubre de 2011

A idade da Terra

A pasada semana propúxenvos a primeira tarefa do curso: investigar sobre os diversos  intentos de determinar a idade da Terra que se sucederon ao longo da historia , especialmente a partir do século XVIII. A idea de James Hutton de que a Terra cambia  constantemente a súa faz , de que as montañas se desgastan  e os seus restos  se depositan   no fondo do mar para posteriormente  volver a constituir novas cordilleiras, nun eterno ciclo de creación e destrucción, implica que no noso planeta ten que ser moi vello, xa que eses procesos son moi lentos e, polo tanto, imperceptibles ás escalas temporais da vida humana e da historia. Con esa consideración- unha terra moi vella e dinámica- naceu a moderna Xeoloxía , de aí que para os Xeólogos dos séculos XIX e XX  resultara tan importante averiguar a idade da Terra e... rezar para que o resultado lles dera a razón. Déixovos  un artigo sobre este tema do gran divulgador científico e escritor de relatos de Ciencia-Ficción Isaac Asimov.
Premer aquí para ler o artigo