Aquí tedes o documental que comezamos a ver a semana pasada. Na parte que vimos introducíanse xa algúns principios e conceptos básicos de xeoloxía : o dinamismo da Terra, as rochas como arquivos dos acontecementos do pasado do noso planeta, estratos, sedimentos, erosión, sedimentación...
Mostrando entradas con la etiqueta Xeocronoloxía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xeocronoloxía. Mostrar todas las entradas
domingo, 30 de marzo de 2014
domingo, 23 de octubre de 2011
Datación radiométrica
Aquí vos deixo a presentación sobre datación radiométrica que vimos na clase. Se queredes baixala podedes facelo en Slideboom
Etiquetas:
Datación,
datación absoluta,
datación radiométrica,
radioactividade,
Xeocronoloxía
lunes, 3 de octubre de 2011
A idade da Terra
A pasada semana propúxenvos a primeira tarefa do curso: investigar sobre os diversos intentos de determinar a idade da Terra que se sucederon ao longo da historia , especialmente a partir do século XVIII. A idea de James Hutton de que a Terra cambia constantemente a súa faz , de que as montañas se desgastan e os seus restos se depositan no fondo do mar para posteriormente volver a constituir novas cordilleiras, nun eterno ciclo de creación e destrucción, implica que no noso planeta ten que ser moi vello, xa que eses procesos son moi lentos e, polo tanto, imperceptibles ás escalas temporais da vida humana e da historia. Con esa consideración- unha terra moi vella e dinámica- naceu a moderna Xeoloxía , de aí que para os Xeólogos dos séculos XIX e XX resultara tan importante averiguar a idade da Terra e... rezar para que o resultado lles dera a razón. Déixovos un artigo sobre este tema do gran divulgador científico e escritor de relatos de Ciencia-Ficción Isaac Asimov.
Premer aquí para ler o artigo
Premer aquí para ler o artigo
Etiquetas:
Ciclo xeolóxico,
Historia da Xeoloxía,
Hutton,
Idade da Terra,
Uniformismo,
Xeocronoloxía,
Xeoloxía
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
