Hoxe o buscador Google homenaxea a Mary Anning , a buscadora de fósiles de Lyme Regis
Hai uns anos, publicouse a novela "Las huellas de la Vida" , de Tracy Chevalier, baseada na vida de Mary e noutros persoaxes da época na que a xeoloxía estaba a abrirse camiño como ciencia. Témola na biblioteca do instituto, así que animádevos a pedila!. Que non vos asuste o tema , é un relato moi ameno que mestura feitos reais con ficción.
Mostrando entradas con la etiqueta Paleontoloxía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Paleontoloxía. Mostrar todas las entradas
miércoles, 21 de mayo de 2014
lunes, 2 de marzo de 2009
Peixe parideiro
No medio acuático os óvulos e os espermatozoides poden soltarse na auga , onde se xuntan para producir o cigoto . Así sucede na maioría dos peixes e mesmo nos anfibios como rás, sapos ou píntegas. A fertilización interna, que implica apareamento entre macho e femia, considérase unha adaptación ao medio terrestre, ainda que tamén existen bastantes especies de peixes vivíparos, especialmente as quenllas e os seus parentes.
Os científicos xa sabían que a aparición da cópula nos vertebrados era bastante anterior á conquista dos continentes , pero agora, grazas a uns restos fósiles descubertos no oeste de Australia , sabemos que este invento evolutivo é cando menos 200 millóns de anos máis antigo do que se pensaba. O fósil en cuestión, que pertence a un peixe placodermo, revela a presenza dun embrión co seu cordón umbilical no interior dunha femia que estaba próxima a parir. Estes antigos peixes con coiraza , que viviron nos mares do período devónico (hai 380 millóns de anos) , realizaban o acto sexual grazas a unha adaptación nas aletas pélvicas, seguidamente o embrión desenvolvíase no interior da femia e finalmente ésta paría ao seu esvaradío bebé dunha maneira bastante semellante a como hoxe fan quenllas e raias: coa cola por diante.
Premede aquí para ver unha recreación animada .
Suscribirse a:
Entradas (Atom)