A maior parte dos xenes codifican a secuencia de aminoácidos dunha proteína. É a actividade das proteínas a que se plasma nunha determinada característica ou rasgo. As proteínas sintetízanse no citoplasma das células, mentres que o ADN que contén as instruccións para facelo está no núcleo. O primeiro paso é a transcrición : facer una copia do xene en forma de ARN (ARN mensaxeiro). O ARN leva a información ao citoplasma, onde se decodifica e se forma a proteína , proceso chamado tradución. O código xenético, que permite a decodificación da mensaxe do ARNm é universal; compartímolo todos os seres vivos. Unha proba entre outras moitas da nosa orixe común.
Outra animación do proceso de transcrición (formación do ARN mensaxeiro)
Outra animación do proceso de tradución (lectura do ARNm e síntese da proteína)
Actividade interactiva: transcribe e traduce un xene
Mostrando entradas con la etiqueta Traducción. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Traducción. Mostrar todas las entradas
martes, 19 de abril de 2016
viernes, 25 de octubre de 2013
O código xenético e a síntese de proteínas
Déixovos dúas animacións interactivas sobre o código xenético e sobre os procesos de transcrición e traducción. Desfrutádeas.
Etiquetas:
ADN,
ARN,
Bioloxía,
Código xenético,
Síntese de proteínas,
Traducción,
Transcrición,
Xenética
Suscribirse a:
Entradas (Atom)