A maior parte dos xenes codifican a secuencia de aminoácidos dunha proteína. É a actividade das proteínas a que se plasma nunha determinada característica ou rasgo. As proteínas sintetízanse no citoplasma das células, mentres que o ADN que contén as instruccións para facelo está no núcleo. O primeiro paso é a transcrición : facer una copia do xene en forma de ARN (ARN mensaxeiro). O ARN leva a información ao citoplasma, onde se decodifica e se forma a proteína , proceso chamado tradución. O código xenético, que permite a decodificación da mensaxe do ARNm é universal; compartímolo todos os seres vivos. Unha proba entre outras moitas da nosa orixe común.
Outra animación do proceso de transcrición (formación do ARN mensaxeiro)
Outra animación do proceso de tradución (lectura do ARNm e síntese da proteína)
Actividade interactiva: transcribe e traduce un xene
martes, 19 de abril de 2016
Cariotipo e cariograma
O cariotipo, como xa sabedes, é o conxunto de cromosomas propio dunha célula ou das células dun organismo. Un cariograma é un diagrama do cariotipo, onde os distintos pares de cromosomas aparecen en orde de tamaño decrecente. Exercicio interactivo "completar un cariotipo humano"
|
|
Cariograma humano feminino
|
Relación entre cromosomas, ADN e xenes
Os cromosomas son estruturas filamentosas que conteñen a información xenética dun individuo. Atópanse no núcleo das células e están formados por ADN e proteínas. Cando a célula está en interfase, os cromosomas non son discernibles , debido a que se atopan nunha forma laxa, pouco condensada. En cambio, cando una célula se divide, os cromosomas, previamente duplicados, condénsanse ( a súa lonxitude diminúe e o seu grosor aumenta) adoptando o seu aspecto máis coñecido: corpos densos, ben definidos con forma de "X". O mellor momento para visualizalos é a metafase . Un cromosoma metafásico está típicamente formado por dúas copias idénticas (as cromátides) unidas polo centrómero.
O cariotipo é o conxunto de cromosomas propio dunha célula ou dunha especie. Nas células dos organismos diploides todos os cromosomas están repetidos dúas veces, formando parellas de homólogos (un procedente do pai e outro da nai). O cariotipo humano consta de 23 parellas de cromosomas, o da mosca da froita (Drosophila melanogaster) de 4 parellas,etc
Ainda que , como mencionamos anteriormente, os cromosomas conteñen proteínas e ADN, é este último o que leva a información xenética. O ADN está integrado por pequeñas unidades de información chamadas xenes. Os xenes sitúanse un detrás de outro no ADN, e o lugar concreto que ocupa un xene no cromosoma é o seu locus.

DIVISIÓN CELULAR
Mitose vs Meiose (entrada antigua deste blog)
Mitose
Meiose
Mitose
Meiose
Etiquetas:
ciclo celular,
Cromosomas,
división celular,
Meiose,
mitose
O ADN
Déixovos o video que puxen hai uns días na clase. Desta vez está dobrado ao castelán (iso sí, con acento) , así que non tedes que ler os subtítulos.
Abaixo tedes tamén as ligazóns para ver as animacións.
A xenética en RecursosTIC CIDEAD
Estrutura do ADN en Bionova
O ADN en Biomodel
Constrúe una molécula de ADN
Replicación do ADN
Exercicio interactivo sobre a estrutura e a replicación do ADN
Transcrición do ADN a ARNm
Tradución (síntese de proteínas)
Exercicio interactivo sobre tradución

Ácidos nucleicos,
ADN,
ARN,
Bioloxía,
codigo xenético
lunes, 11 de enero de 2016
Suscribirse a:
Entradas (Atom)