martes, 19 de abril de 2016

Relación entre cromosomas, ADN e xenes

Os cromosomas son estruturas filamentosas que conteñen  a información xenética dun individuo. Atópanse no núcleo das células e están formados por ADN e proteínas. Cando a célula está en interfase, os cromosomas non son discernibles , debido a que se atopan nunha forma laxa, pouco condensada. En cambio, cando una célula se divide, os cromosomas, previamente duplicados,  condénsanse ( a súa lonxitude diminúe e o seu grosor aumenta) adoptando o seu aspecto máis coñecido: corpos densos, ben definidos con forma de "X". O mellor momento para visualizalos é a metafase . Un cromosoma metafásico está típicamente formado por dúas copias idénticas (as cromátides) unidas polo centrómero.























O cariotipo é o conxunto de cromosomas  propio dunha célula  ou dunha especie. Nas células dos organismos diploides todos os cromosomas están repetidos dúas veces, formando parellas de homólogos (un procedente do pai e outro da nai). O cariotipo humano consta de 23 parellas de cromosomas, o da mosca da froita (Drosophila melanogaster) de 4 parellas,etc

Ainda que , como mencionamos anteriormente, os cromosomas conteñen proteínas e ADN, é este último o que leva a información xenética. O ADN está  integrado por pequeñas unidades de información  chamadas xenes. Os xenes sitúanse un detrás de outro no ADN, e o lugar concreto que ocupa un xene no cromosoma é o seu locus. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario