Mostrando entradas con la etiqueta Cromosomas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cromosomas. Mostrar todas las entradas
martes, 1 de noviembre de 2016
martes, 19 de abril de 2016
Cariotipo e cariograma
O cariotipo, como xa sabedes, é o conxunto de cromosomas propio dunha célula ou das células dun organismo. Un cariograma é un diagrama do cariotipo, onde os distintos pares de cromosomas aparecen en orde de tamaño decrecente. Exercicio interactivo "completar un cariotipo humano"
|
|
Cariograma humano feminino
|
Relación entre cromosomas, ADN e xenes
Os cromosomas son estruturas filamentosas que conteñen a información xenética dun individuo. Atópanse no núcleo das células e están formados por ADN e proteínas. Cando a célula está en interfase, os cromosomas non son discernibles , debido a que se atopan nunha forma laxa, pouco condensada. En cambio, cando una célula se divide, os cromosomas, previamente duplicados, condénsanse ( a súa lonxitude diminúe e o seu grosor aumenta) adoptando o seu aspecto máis coñecido: corpos densos, ben definidos con forma de "X". O mellor momento para visualizalos é a metafase . Un cromosoma metafásico está típicamente formado por dúas copias idénticas (as cromátides) unidas polo centrómero.
O cariotipo é o conxunto de cromosomas propio dunha célula ou dunha especie. Nas células dos organismos diploides todos os cromosomas están repetidos dúas veces, formando parellas de homólogos (un procedente do pai e outro da nai). O cariotipo humano consta de 23 parellas de cromosomas, o da mosca da froita (Drosophila melanogaster) de 4 parellas,etc
Ainda que , como mencionamos anteriormente, os cromosomas conteñen proteínas e ADN, é este último o que leva a información xenética. O ADN está integrado por pequeñas unidades de información chamadas xenes. Os xenes sitúanse un detrás de outro no ADN, e o lugar concreto que ocupa un xene no cromosoma é o seu locus.

DIVISIÓN CELULAR
Mitose vs Meiose (entrada antigua deste blog)
Mitose
Meiose
Mitose
Meiose
Etiquetas:
ciclo celular,
Cromosomas,
división celular,
Meiose,
mitose
Suscribirse a:
Entradas (Atom)