Mostrando entradas con la etiqueta mitose. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mitose. Mostrar todas las entradas

martes, 19 de abril de 2016

DIVISIÓN CELULAR

Mitose vs Meiose (entrada antigua deste blog)

Mitose
Meiose
Comparación entre mitose e meiose dunha célula nai diploide con 2n=4 cromosomas (os maternos en rosa e os paternos en azul) Imaxe tomada de: https://gensencillo.files.wordpress.com/2010/08/mitosisvsmeiosis.gif

martes, 10 de marzo de 2015

Mitose e meiose

Nesta presentación podedes comparar os procesos de mitose e meiose nunha célula que diploide con tres parellas de cromosomas. Facede "clic" co rato para ir avanzando.

martes, 3 de marzo de 2015

Ciclo celular

O ciclo celular é a secuencia de modificacións que sofre unha célula dende a súa formación (por división dunha célula anterior) ata que se divide orixinando dúas células fillas. Ver libro de texto páxina 15
A continuación tes algunhas ligazóns con animacións  sobre o ciclo celular e a mitose:

Animación interactiva sobre o ciclo celular

Mitose:
Animacion 1
Animación 2
Interactivo: momentos da mitose

martes, 8 de octubre de 2013

Mitose e meiose

Premede para acceder ás animacións sobre mitose e meiose que vimos hoxe en clase. Lembrade que en cada unha tedes dúas opcións: "paso a paso", na que sodes vós os que controlades o ritmo, e a "narrada". As animacións tamén teñen un texto onde se explican estes dous procesos e as diferencias entre ambos.
Animación 1- Mitose
Animación 2. Meiose


martes, 8 de mayo de 2012

División celular: Mitose

As células reproducense asexualmente mediante un proceso de división chamado mitose. .
Todo ser pluricelular  procede dunha única célula inicial que se multiplica por mitoses sucesivas , pero en lugar de separarse para levar unha vida independente, as células fillas permanecen xuntas , constituindo un único individuo.Así pois, nos organismos pluricelulares a mitose pode implicar desenvolvemento, crecemento, reparación  tisular,  rexeneración .. . e , por suposto, tamén producción de descendencia.
As células responden a sinais internas e externas para comezar a dividirse ou para deixar de facelo. Pero ás veces algunha célula ignora esas sinais e se divide de forma incontrolada, xenerando unha masa ou tumor; esta é a causa primeira do cancro.
Na mitose, unha célula nai producirá dúas células fillas (a célula nai, como tal, desaparece no proceso) que son xenéticamente idénticas á célula nai(clónicas), pero para iso é preciso un complexo e delicado mecanismo de reparto dos cromosomas.
Déixovos tres animacións sobre a mitose. Podedes buscar máis na rede; hai moitísimas e é difícil escoller...
Mitose(animación interactiva de CellsAlive)
Mitose animada
Outra mitose animada


martes, 24 de abril de 2012

Ciclo celular

Na ligazón déixovos unha anoimación sobre o ciclo celular


Ciclo celular