domingo, 30 de marzo de 2014

Manifestacións do dinamismo da Terra

Os procesos xeolóxicos como a erosión ou desgaste do relevo non sempre son lentos e graduais a escala humana. De vez en cando son moi rápidos e é entón cando poden supoñer un risco . Aquí tedes algúns exemplos, que poden  darvos pé a reflexionar sobre o papel dos seres humanos como axentes  xeolóxicos. Cal credes que é o papel dos humanos en cada un destes tres casos?. Que outros exemplos de fenómenos xeolóxicos rápidos coñecedes?

1. Maierato (Calabria, Italia)                                                                                                                            


2. Estados Unidos:



3. Noruega:

A xeocronoloxía e a idade da Terra

Aquí tedes o documental que comezamos a ver a semana pasada.  Na parte que vimos introducíanse xa algúns principios e   conceptos básicos de xeoloxía : o dinamismo da Terra, as rochas como arquivos dos acontecementos do pasado do noso planeta, estratos, sedimentos, erosión, sedimentación...

lunes, 10 de febrero de 2014

Calendario xeolóxico

No  vínculo tedes  acceso ao calendario do tempo xeolóxico . Como poderedes constatar é exactamente o mesmo que temos colgado no taboleiro da aula.
 Pero.., que entendemos por "tempo xeolóxico" ?

lunes, 27 de enero de 2014

Reconstrúen o fenotipo dun europeo de hai 7000 anos

Estes días moitos medios de comunicación publicaron a nova da secuenciación completa do xenoma dun Homo sapiens  do mesolítico europeo. Esta secuenciación permitiu deducir que este individuo tiña a pel máis escura cós actuais europeos e os ollos azuis.  Debería sorprendernos?

viernes, 25 de octubre de 2013

martes, 22 de octubre de 2013

Expresión da información xenética

Preséntovos dúas animacións sobre os procesos de transcrición e traducción da mensaxe xenética.
Transcrición
Traducción

Animacións interesantes

Recupero unha entrada do curso pasado, onde podedes acceder a varias animacións relacionadas cos temas de bioloxía. Premer aquí