lunes, 27 de enero de 2014
Reconstrúen o fenotipo dun europeo de hai 7000 anos
Estes días moitos medios de comunicación publicaron a nova da secuenciación completa do xenoma dun Homo sapiens do mesolítico europeo. Esta secuenciación permitiu deducir que este individuo tiña a pel máis escura cós actuais europeos e os ollos azuis. Debería sorprendernos?
viernes, 25 de octubre de 2013
O código xenético e a síntese de proteínas
Déixovos dúas animacións interactivas sobre o código xenético e sobre os procesos de transcrición e traducción. Desfrutádeas.
Etiquetas:
ADN,
ARN,
Bioloxía,
Código xenético,
Síntese de proteínas,
Traducción,
Transcrición,
Xenética
martes, 22 de octubre de 2013
Expresión da información xenética
Preséntovos dúas animacións sobre os procesos de transcrición e traducción da mensaxe xenética.
Transcrición
Traducción
Transcrición
Traducción
Animacións interesantes
Recupero unha entrada do curso pasado, onde podedes acceder a varias animacións relacionadas cos temas de bioloxía. Premer aquí
martes, 8 de octubre de 2013
Mitose e meiose
Premede para acceder ás animacións sobre mitose e meiose que vimos hoxe en clase. Lembrade que en cada unha tedes dúas opcións: "paso a paso", na que sodes vós os que controlades o ritmo, e a "narrada". As animacións tamén teñen un texto onde se explican estes dous procesos e as diferencias entre ambos.
Animación 1- Mitose
Animación 2. Meiose
Animación 1- Mitose
Animación 2. Meiose
Etiquetas:
Animación,
Bioloxía,
división celular,
Meiose,
mitose
lunes, 13 de mayo de 2013
A Terra, un planeta en continuo cambio
Nas últimas clases estamos a introducir a xeoloxía como ciencia que estudia a Terra. Unha das ideas básicas da xeoloxía é a de que o noso planeta está a cambiar constantemente, ainda que a maior parte deses cambios son tan lentos que non podemos percibilos. Outra das ideas básicas é que a Terra é moi antiga, polo que ao longo do tempo xeolóxico tiveron lugar numerosos cambios, moitos dos cales deixaron as súas pegadas nas rochas. Para reconstruir o pasado do planeta é imprescindible dispoñer dalgún método que permita averiguar a idade das rochas ou das formacións xeolóxicas: referímonos ao métodos de datación xeolóxica.
Cos datos obtidos polos xeólogos se elaborou un calendario da historia da Terra ou táboa cronoestratigráfica , que divide o tempo xeolóxico en eóns, eras, períodos (sistemas), series e pisos....
Táboa cronoestratigráfica internacional (actualización 2013)
A xeoloxía en CIDEAD
Proxecto biosfera
Cos datos obtidos polos xeólogos se elaborou un calendario da historia da Terra ou táboa cronoestratigráfica , que divide o tempo xeolóxico en eóns, eras, períodos (sistemas), series e pisos....
Táboa cronoestratigráfica internacional (actualización 2013)
A xeoloxía en CIDEAD
Proxecto biosfera
martes, 19 de marzo de 2013
Selección natural en acción... e en tempo real!
Outra labazada aos creacionistas. Un caso de rápida evolución nunhas anduriñas americanas, que deu como resultado unha mellor adaptación ao tráfico!
Ler máis aquí
Ler máis aquí
Suscribirse a:
Entradas (Atom)