viernes, 10 de febrero de 2012

Coñecedes este planeta?

Fixádevos ben. Parece a Terra (de feito é a Terra) , pero a distribución de continentes e océanos  é diferente á actual. Hai un supercontinente, pero non é Panxea. Como se chama este supercontinente?. O Video está en http://www.youtube.com/user/habitabilitylab 

jueves, 9 de febrero de 2012

O vindeiro supercontinente

Estes días podedes atopar en  diversos medios de información referencias a Amasia, un supercontinente futuro que se podería formar  pola colisión  de América e Eurasia na zona polar do hemisferio norte, pechando boa parte do Oceano Ártico.  Nesta ligazón tedes o que publica un deses medios de información xeral, e nesta outra a publicación orixinal na revista científica Nature. ( A imaxe procede de: www.nature.com)

lunes, 6 de febrero de 2012

Tectónica de placas animada

Déixovos aquí unha ligazón que reúne varias animacións sobre o interior da Terra e os procesos relacionados coa dinámica das placas litosféricas. Espero que vos aclaren ideas e que vos inspiren ideas para o traballo deste segundo trimestre.
Ir ás animacións

miércoles, 11 de enero de 2012

Un doodle xeolóxico

Hoxe, ao entrar en internet atopei a unha agradábel xeosorpresa. O buscador Google dedicalle un dos seus "doodles" conmemorativos a Nicolás Steno (Niels Stensen). Moitos de vós mencionáchedes a este persoaxe no voso traballo do primeiro trimestre, pero... quen era  e que aportacións fixo á ciencia?

domingo, 8 de enero de 2012

Os fósiles

O voso traballo do 1º trimestre consistiu en buscar información básica sobre os fósiles. En síntese, averiguáchedes que un fósil é un resto dun organismo ou da súa actividade conservado de maneira permanente nas rochas sedimentarias, e que  o proceso de fosilización é complexo e moi improbable.
Ainda que cada ano os paleontólogos descubren novas especies o rexistro fósil sempre será  moi incompleto. A inmensa maioría das especies que viviron ao longo dos tempos xeolóxicos non chegaron a fosilizar.
Con todo, os fósiles son moi útiles en xeoloxía: sirven para datar as rochas que os conteñen, permiten describir paleoambientes e paleoclimas, son probas da evolución dos seres vivos...e son unha parte importantísima do patrimonio natural daquelas zonas que teñen a fortuna de telos.
En Galicia, a pesares de existir un rico e variado patrimonio xeolóxico, apenas ten  formacións rochosas con fósiles. A que pode deberse esta circunstancia?

lunes, 19 de diciembre de 2011

Orixe da Terra

Déixovos este fragmento documental , no que se resumen as etapas iniciais da formación do noso planeta.

domingo, 23 de octubre de 2011

Datación radiométrica

Aquí vos deixo a presentación sobre datación radiométrica que vimos na clase. Se queredes baixala podedes facelo en Slideboom