viernes, 10 de febrero de 2012

Coñecedes este planeta?

Fixádevos ben. Parece a Terra (de feito é a Terra) , pero a distribución de continentes e océanos  é diferente á actual. Hai un supercontinente, pero non é Panxea. Como se chama este supercontinente?. O Video está en http://www.youtube.com/user/habitabilitylab 

7 comentarios:

  1. Ese continente chámase Pannotia.Fué el anterior continente a Pangea.Pannotia tivo unha corta duración.
    Sabrina e Noelia

    ResponderEliminar
  2. Nos cremos que é Rodinia cando xa se estaba fracturando para convertirse en Pannotia debido aos movimientos magmaticos da codia terrestre




    Bruno e Mario Figueira

    ResponderEliminar
  3. Este supercontinente chámase Pannotia. Este supercontinente é o posterior a Rodinia y el anterior a Pangea. No seguinte enlace deixovos unha imaxe coa forma de Pannotia : http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d6/EarlyCambrianGlobal.jpg/300px-EarlyCambrianGlobal.jpg
    Pablo Costas y Lucía Viera

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas pola ligazón. A paleoxeografía da imaxe corresponde ao principio do Cámbrico (hai uns 500 millóns de anos). O que se ve xa non é Pannotia, senon os restos da súa rotura. As tres masas continentais máis pequenas corresponden a Laurentia (América do N + Groenlandia), Siberia e Báltica (Norte do que máis tarde sería Europa). O continente grande é Gondwana (Antártida+Australia+India+África+ América do Sur)

      Eliminar
  4. poderia ser calquera destes dous:rodinia e pannote
    http://www.taringa.net/posts/offtopic/5348798/La-historia-de-los-continentes.html




    marta expósito

    ResponderEliminar
  5. Está claro que a cousa está entre Rodinia e Pannotia. O que os xeólogos cren é que Rodinia foi un continente moi duradeiro. Costoulle moito tempo fragmentarse e ,pouco despois de comezar a súa rotura (pouco dende o punto de vista xeolóxico, claro) os seus fragmentos volveron xuntarse formando Pannotia.

    ResponderEliminar