O voso traballo do 1º trimestre consistiu en buscar información básica sobre os fósiles. En síntese, averiguáchedes que un fósil é un resto dun organismo ou da súa actividade conservado de maneira permanente nas rochas sedimentarias, e que o proceso de fosilización é complexo e moi improbable.
Ainda que cada ano os paleontólogos descubren novas especies o rexistro fósil sempre será moi incompleto. A inmensa maioría das especies que viviron ao longo dos tempos xeolóxicos non chegaron a fosilizar.
Con todo, os fósiles son moi útiles en xeoloxía: sirven para datar as rochas que os conteñen, permiten describir paleoambientes e paleoclimas, son probas da evolución dos seres vivos...e son unha parte importantísima do patrimonio natural daquelas zonas que teñen a fortuna de telos.
En Galicia, a pesares de existir un rico e variado patrimonio xeolóxico, apenas ten formacións rochosas con fósiles. A que pode deberse esta circunstancia?
domingo, 8 de enero de 2012
lunes, 19 de diciembre de 2011
Orixe da Terra
Déixovos este fragmento documental , no que se resumen as etapas iniciais da formación do noso planeta.
domingo, 23 de octubre de 2011
Datación radiométrica
Aquí vos deixo a presentación sobre datación radiométrica que vimos na clase. Se queredes baixala podedes facelo en Slideboom
Etiquetas:
Datación,
datación absoluta,
datación radiométrica,
radioactividade,
Xeocronoloxía
domingo, 9 de octubre de 2011
Entrevista a James Hutton
James Hutton, considerado por moitos como o pai da xeoloxía moderna, foi un dos grandes representantes da Ilustración escocesa. Como xa sabedes, a pesares da apariencia estática e inmutábel do relevo e das rochas , Hutton cría ver nos seus percorridos polo campo numerosas pegadas de grandes cambios, como por exemplo restos de cordilleiras desgastadas cubertas por novas capas de rocha. A pregunta era inevitábel: canto tempo tarda en desgastarse unha cadea montañosa ? e canto tempo tarda en formarse unha nova cordilleira a partir do pregamento dos restos doutra anterior?. Así que para Hutton a Terra tiña que ser necesariamente moi vella, tanto que , segundo él, non atopamos vestixios do seu comenzo, nin perspectiva dun final. Grande herexía, considerando que nesa época a idea dominante era a dunha Terra xoven, creada por deus hai uns 6000 anos!.
Neste vídeo (en inglés) podedes ver a uns actores representando unha entrevista a James Hutton. Podedes atopar a transcripción aquí: ver transcripción
http://www.ltscotland.org.uk/scottishenlightenment/index.asp
Neste vídeo (en inglés) podedes ver a uns actores representando unha entrevista a James Hutton. Podedes atopar a transcripción aquí: ver transcripción
http://www.ltscotland.org.uk/scottishenlightenment/index.asp
Etiquetas:
Historia da Ciencia,
Hutton,
Idade da Terra,
Tempo xeolóxico,
Uniformismo,
Vídeos,
Xeólogos,
Xeoloxía
jueves, 6 de octubre de 2011
Un par de ligazóns interesantes
Na columna da dereita do blog podedes acceder a webs de interese para a asignatura. Para o tema da modelaxe do relevo, que estamos comezando a traballar estes días, recoméndovos o material do proxecto biosfera. Nesta ligazón veredes in índice cos contidos de 3º da ESO (sí, xa sei que estades en 4º...) e , ao final do mesmo , atoparedes os temas do 10 ao 14, que son os relacionados coa xeodinámica externa.
| Imaxe tomada de http://hays.outcrop.org/images/lutge8e/Chapter_01/Text_Images/FG01_09.JPG.Representa o ciclo xeolóxico. |
Etiquetas:
Ciclo xeolóxico,
Procesos xeolóxicos,
Xeoloxía
lunes, 3 de octubre de 2011
A idade da Terra
A pasada semana propúxenvos a primeira tarefa do curso: investigar sobre os diversos intentos de determinar a idade da Terra que se sucederon ao longo da historia , especialmente a partir do século XVIII. A idea de James Hutton de que a Terra cambia constantemente a súa faz , de que as montañas se desgastan e os seus restos se depositan no fondo do mar para posteriormente volver a constituir novas cordilleiras, nun eterno ciclo de creación e destrucción, implica que no noso planeta ten que ser moi vello, xa que eses procesos son moi lentos e, polo tanto, imperceptibles ás escalas temporais da vida humana e da historia. Con esa consideración- unha terra moi vella e dinámica- naceu a moderna Xeoloxía , de aí que para os Xeólogos dos séculos XIX e XX resultara tan importante averiguar a idade da Terra e... rezar para que o resultado lles dera a razón. Déixovos un artigo sobre este tema do gran divulgador científico e escritor de relatos de Ciencia-Ficción Isaac Asimov.
Premer aquí para ler o artigo
Premer aquí para ler o artigo
Etiquetas:
Ciclo xeolóxico,
Historia da Xeoloxía,
Hutton,
Idade da Terra,
Uniformismo,
Xeocronoloxía,
Xeoloxía
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
