martes, 12 de mayo de 2015

Resolución de problemas de xenética

Déixovos  tres ligazóns onde podedes atopar problemas de xenética mendeliana e as súas solucións:

Aquí   ,  aquí     e  aquí


lunes, 20 de abril de 2015

Cría de pichóns

Nesta web tedes unha actividade que consiste no cruzamento  virtual de pombas  e practicar os vosos coñecementos de xenética. Está en inglés, pero se entende ben e é moi entretida. Iso sí, empregade os navegadores Mozilla Firefox, Internet Explorer ou Opera. Con Google Chrome non funciona.
A criar pichóns!

http://learn.genetics.utah.edu/content/pigeons/pigeonetics/


viernes, 17 de abril de 2015

viernes, 27 de marzo de 2015

Constrúe unha molécula de ADN

Na seguinte ligazón tedes unha animación didáctica interactiva moi sinxela para construír unha molécula de ADN

Constrúe  unha molécula de ADN

E na seguinte, outra para transcribir ADN  a ARN e traducilo á proteína correspondente:

Transcribe e traduce un xene

E aquí atoparedes tamén tres animacións obre os mesmos aspectos:
http://aulaenred.ibercaja.es/contenidos-didacticos/adn-el-alfabeto-de-la-vida/#ver


martes, 10 de marzo de 2015

Mitose e meiose

Nesta presentación podedes comparar os procesos de mitose e meiose nunha célula que diploide con tres parellas de cromosomas. Facede "clic" co rato para ir avanzando.

martes, 3 de marzo de 2015

Ciclo celular

O ciclo celular é a secuencia de modificacións que sofre unha célula dende a súa formación (por división dunha célula anterior) ata que se divide orixinando dúas células fillas. Ver libro de texto páxina 15
A continuación tes algunhas ligazóns con animacións  sobre o ciclo celular e a mitose:

Animación interactiva sobre o ciclo celular

Mitose:
Animacion 1
Animación 2
Interactivo: momentos da mitose

Que é a vida?

“A vida é materia sensible ao seu  medio ambiente”
                                                          Lynn Margulis (1938-2011)
                                           

Os seres vivos somos materia moi organizada. Esta organización comeza polas partículas subatómicas  , continúa  cos átomos, as moléculas, os complexos supramoleculares..., pero o nivel no que emerxe a propiedade da vida é  o nivel celular. Unha célula é unha estrutura formada por un conxunto moi organizado de moléculas  que é quen de automanterse, interactuar co seu contorno e reproducirse.
Niveis de organización dos seres vivos
Todo sobre a célula


Añadir leyenda