lunes, 6 de octubre de 2014

O tempo xeolóxico

Abrimos o blog para este curso 2014-15 cun pequeno resumo dos contidos que estivemos vendo nestas primeiras semanas. Este ano comezamos a materia pola xeoloxía, a ciencia que estuda a Terra concebíndoa como un planeta dinámico .  O noso planeta tivo unha orixe, pero dende entón  sufriu cambios de todo tipo: na composición da súa atmosfera, na distribución de oceanos e terras emerxidas, no relevo, na vida... O tempo xeolóxico son os 4550 millóns de anos (Ma) de idade que ten a Terra. Os xeólogos  dividen esta vasta cantidade de tempo en etapas máis pequenas : eóns, eras, sistemas ou períodos, etc, que constitúen a táboa cronoestratigráfica ou calendario  xeolóxico.  Cada ano, a comisión internacional de estratigrafía actualiza  este calendario. Premede no vínculo para acceder á actualización de 2014. Esta actualización ainda non ten traducción ao español , así que aquí tedes a do ano 2013, que está traducida. Pero se queredes unha versión máis sinxela, aquí tedes o calendario editado hai uns anos polo Museo Geominero, e que temos colgada no taboleiro da aula. Lembrade que se vos desprazades de arriba a abaixo retrocededes no tempo, e que se vos movedes de abaixo a arriba, avanzades no tempo; unha tradición derivada do principio  ou lei da superposición normal dos estratos, enunciado por Steno.

Imaxe tomada de:  http://www.geovirtual2.cl/geologiageneral/ggcap10.htm

martes, 10 de junio de 2014

Plumas do manto e puntos quentes

Os fenómenos volcánicos non sempre están asociados aos límites de placas. Tamén existen en zonas intraplaca: son os chamados puntos quentes. 
Os puntos quentes ou hot spots son zonas da litosfera  situadas por enriba  dunha columna de material quente  que ascende dende a base do manto . Estas columnas coñécense como penachos térmicos ou "plumas" do manto.  Dependendo da magnitude da pluma ou da súa idade, sobre a litosfera situada enriba poden formarse  conos volcánicos, como as illas e volcáns submarinos que forman o arquipélago de Hawai, ou grandes mesetas basálticas  como a do Deccan , na Indica ou as "Siberian trapps" en Siberia. Se un punto quente se forma baixo un continente, pode chegar a iniciar a súa ruptura e a apertura de un  novo océano.



Ver animación sobre a formación de volcáns asociados a un punto quente


martes, 3 de junio de 2014

A tectónica de placas en animacións

Recupero aquí varios posts de cursos anteriores , onde facía unha recopilación dalgunhas das mellores animacións sobre a tectónica de placas:
Tectónica de placas animada
Animacións sobre tectónica de placas
Bordos constructivos
Bordos destructivos
Bordos pasivos


domingo, 1 de junio de 2014

Deriva continental

Aquí tedes a presentación de clase sobre a teoría da deriva continental e as probas que a apoian:

lunes, 26 de mayo de 2014

Paleoxeografía

Déixovos este vídeo e varias ligazóns a páxinas onde se reconstrúe a xeografía da Terra  ao longo do tempo xeolóxico.
Para "abrir o apetito", aquí tedes este vídeo  de Visible PaleoEarth ,coa Terra rotando  tal como se vería hai 750 millóns de anos:

Outras ligazóns:
PaleoMap Project
Paleogeography Library
Paleogeographic globes



miércoles, 21 de mayo de 2014

Mary Anning

Hoxe o buscador Google homenaxea a Mary Anning , a buscadora de fósiles  de Lyme Regis

Hai uns anos, publicouse a novela  "Las huellas de la Vida" , de Tracy Chevalier, baseada  na vida de Mary e noutros persoaxes da época na que a xeoloxía  estaba a abrirse camiño como ciencia. Témola na biblioteca do instituto, así que  animádevos a pedila!. Que non vos asuste o tema , é un relato moi ameno que mestura feitos reais con ficción.

A formación da Terra

Aquí tedes o documental completo: