domingo, 13 de enero de 2013

lunes, 17 de diciembre de 2012

5 Reinos

En 1969, Robert Wittaker substituiu a clasificación tradicional dos seres vivos en animais e plantas por unha que contemplaba 5 reinos:  Moneras, Protistas, Fungos, Animais e Plantas. Esta é a clasificación, moi cómoda e manexable,  que ainda aparece na maioría dos libros de texto escolares. Na actualidade estase a abrir paso outra clasificación, que contempla unha nova categoría  superior ao Reino : o Dominio , recoñecéndose 3 grandes dominios de seres vivos : Archaea (Arqueas), Bacteria e Eucarya (Eucariotas). No dominio Eucarya inclúense 4 dos 5 reinos de Wittaker : Protistas, Fungos, Animais e Plantas, mentres que o antigo reino dos Monera, que inclúe a todos os organismos con célula procariótica, divídese en dous : os dominios Archaea e Bacteria.
Animación 5 Reinos
Imaxe tomada da Wikipedia

sábado, 15 de diciembre de 2012

Un mundo de microbios

O outro día na clase comentei que a vida na Terra é predominantemente microbiana. Os primeiros seres vivos que poboaron o noso planeta eran bacterias e arqueas, seres unicelulares e procariotas capaces de vivir nos máis variados ambientes  e de facer unha enorme variedade de cousas. Déixovos aquí algunhas lecturas sobre este tema:

Artigo nº1
Artigo nº 2
Artigo nº 3


jueves, 6 de diciembre de 2012

sábado, 24 de noviembre de 2012

Feliz Día do Orgullo Primate

Levaba tempo, certamente demasiado, sen publicar ren. Pero a data do 24 de Novembro non pode pasar sen pena nin gloria. Tal día como hoxe en 1859 publicouse a primeira edición do  libro "A orixe das especies" do gran Charles Darwin e,  tal día como hoxe, pero en 1974, Donald Johanson e o seu equipo de excavación descubriron un dos fósiles máis famosos do mundo: o de Lucy, unha femia de Australopithecus afarensis que viviu hai 3,2 millóns de anos.




O que se busca é lembrar que todos os seres vivos estamos emparentados, unidos polo fío da evolución biolóxica. Xa sabes , se tes mans  (prénsiles) e pés con cinco dedos, uñas planas , polgar opoñible, hemisferios cerebrais ben desenvolvidos... Parabéns! tes todos os síntomas de seres un PRIMATE!

martes, 9 de octubre de 2012

O experimento de Gurdon

Hoxe os medios de comunicación informan   da concesión do  Nobel de Medicina  e Fisioloxía  de 2012 a  John B. Gurdon e Shinya Yamanaka. O galardón premia os traballos destes investigadores  na reprogramación de células troncais adultas (as mal chamadas células nai).  Casualmente, onte mesmo na clase, e sen coñecer   ainda esta  nova, comentamos un dos primeiros experimentos de Gurdon  (alá polos anos 60 do século XX) co anfibio Xenopus laevis, e que demostrou  que as células diferenciadas conservan toda a información xenética.  En relación cos experimentos de Gurdon tedes aquí un breve artigo de Javier Sampedro "La rana que llegó a Roma"
E falando de reprogramacións, hai só uns días tamén se coñeceu que un equipo de investigadores conseguiu reprogramar células adultas dunha femia de rato  para que se converteran en óvulos, os cales deron posteriormente unha camada de ratiños.
En fin, noraboa a Gurdon e a Yamanaka!

viernes, 8 de junio de 2012

Determinación do sexo

Nos organismos con sexos separados, hai distintas formas de determinación do sexo.  Na especie humana e en moitas outras a determinación é cromosómica, é dicir, entre o macho e a femia hai diferencias  no cariótipo.
Ver animación


Imaxe tomada de Kalipedia