Mostrando entradas con la etiqueta clonación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta clonación. Mostrar todas las entradas

martes, 9 de octubre de 2012

O experimento de Gurdon

Hoxe os medios de comunicación informan   da concesión do  Nobel de Medicina  e Fisioloxía  de 2012 a  John B. Gurdon e Shinya Yamanaka. O galardón premia os traballos destes investigadores  na reprogramación de células troncais adultas (as mal chamadas células nai).  Casualmente, onte mesmo na clase, e sen coñecer   ainda esta  nova, comentamos un dos primeiros experimentos de Gurdon  (alá polos anos 60 do século XX) co anfibio Xenopus laevis, e que demostrou  que as células diferenciadas conservan toda a información xenética.  En relación cos experimentos de Gurdon tedes aquí un breve artigo de Javier Sampedro "La rana que llegó a Roma"
E falando de reprogramacións, hai só uns días tamén se coñeceu que un equipo de investigadores conseguiu reprogramar células adultas dunha femia de rato  para que se converteran en óvulos, os cales deron posteriormente unha camada de ratiños.
En fin, noraboa a Gurdon e a Yamanaka!

domingo, 1 de febrero de 2009

Máis sobre clonaxe animal


Outra reportaxe moi interesante sobre a clonaxe de animais e as súas implicacións: benestar animal, saúde humana , etc .
Será perigoso comer carne de animais obtidos mediante esta técnica?. É a clonaxe unha manipulación xenética ou non?. Sería interesante recurrir á clonaxe para "resucitar" especies extinguidas?, e para librar da extinción a especies ameazadas?

A imaxe, tomada do xornal El País do 1-02-09 corresponde a "Alcalde" un touro de lidia que os seus propietarios queren clonar.Premede aquí para acceder ao artigo completo.
Buscade máis información e facede os vosos comentarios.

jueves, 29 de enero de 2009

Unha mascota ben cara


O primeiro can clonado por encargo xa está na casa cos seus donos. Premede aquí para ler a reportaxe completa .
Escribide nos comentarios os pasos que houbo que dar para obter a este cadeliño.
Nesta ligazón atoparedes unha animación sobre a clonación.