sábado, 11 de marzo de 2017

Como se expresa a mensaxe xenética?

Como sabedes, o fenotipo  dunha célula (ou dun individuo) é conxunto dos seus  trazos  ou caracteres observables.  O fenotipo é  o resultado da expresión dos xenes  nun determinado ambiente. O soporte material dos xenes é o ADN , que nas células eucarióticas está aloxado no núcleo ,de onde non pode saír . 
Se ben a causa última do fenotipo  é a información contida no ADN, a causa inmediata son as proteínas.  As proteínas son as obreiras ou máquinas especializadas  que executan todas as accións necesarias para que a célula funcione . É a presenza  ou a actividade das súas proteínas a que fai que unha célula sexa como é, é dicir, que teña un determinado fenotipo.
Pero, posto que  a información está no ADN , as instrucións para fabricar as proteínas deben estar no ADN, nonsí?. Cal é  entón  a ruta que percorre a información xenética  para materializarse  finalmente en forma de proteínas? . Dado que as proteínas se sintetizan no citoplasma celular , como se transfiren ate aí as  instrucións para facelo , estando o ADN confinado no núcleo?

Foi Francis Crick, un dos descubridores da estrutura do ADN, o primeiro en describir a ruta  pola que flúe a información xenética   dende o ADN ate a súa expresión final  en forma de proteínas  . Crick bautizou a esta ruta  como "Dogma Central da Bioloxía", e estaría integrada por tres procesos: replicación, transcrición e tradución.










A replicación é o proceso polo que o ADN fai copias de si mesmo coa finalidade de transmitir información xenética á descendencia.  Exercicio interactivo sobre a replicación do ADN
A transcrición  é o copiado de  ADN a ARN mensaxeiro, quen se encarga de  transportar a información  ao citoplasma .
A tradución é a lectura e decodificación do ARN mensaxeiro para sintetizar unha proteína . Exercicio sobre tradución



























martes, 1 de noviembre de 2016

DA CROMATINA AOS CROMOSOMAS

Fillos de tres proxenitores


Na ligazón tedes a nova sobre o nacemento do primeiro neno que ten un pai e dúas nais. Esta técnica permite obter embrións libres de certas enfermedades xenéticas, concretamente das que se transmiten a través do  ADN das mitocondrias.
http://www.elmundo.es/salud/2016/09/27/57ea979946163f37608b4591.html


martes, 4 de octubre de 2016

A célula, unidade da vida

Premede na ligazón para acceder aos recuros interactivos CIEDAD sobre a Teoría celular e a estrutura das células.

Ir ao recurso

E nesta outra ligazón tedes unha animación interactiva sobre a ultraestrutura dunha célula eucariótia animal. Podedes aumentar ou diminuir o tamaño para ver máis ou menos detalles. Ao pousar o cursor sobre os diferentes orgánulos  aparece unha pequena descrición de cada un.
Anatomía da célula John Kyrk


A escala do universo

Premede aquí para ver unha fermosa infografía  interactiva  sobre a escala do universo, dende o máis pequeno ata o más grande. Gozádea!