Os métodos de datación xeolóxica , poden ser absolutos , que permiten atribuír unha idade concreta a unha rocha ou mineral, ou relativos, que só permiten ordenar sucesos ou materiais pola súa antigüidade.
O radiométrico é un método de datación absoluta que emprega a desintegración de isótopos inestables de certos elementos contidos nas rochas como reloxo para determinar a súa idade. Atoparedes este contido nas páxinas 218-219 do libro de texto. Déixovos aquí a presentación sobre o método radiométrico:
viernes, 16 de octubre de 2015
A idade da Terra
O tema da idade da Terra aparece nas páxinas 216 -217 do libro de texto. Sobre este tema, podedes ler este artigo : premer aquí.
A formación do sistema solar
Nesta ligazón tedes o documental sobre a orixe do sistema solar que vimos na clase. Podedes ir tamén a esta páxina, onde atoparedes un resumo do proceso e, se alguén está especialmente interesado e quere ampliar coñecementos, pode visitar a páxina de astromía. Lembrade que, ainda que este tema no está no libro de texto, é materia de avaliación.
Etiquetas:
historia da Terra,
Idade da Terra,
Orixe do sistema solar,
Xeoloxía
Suscribirse a:
Entradas (Atom)