martes, 11 de noviembre de 2014
lunes, 3 de noviembre de 2014
O nacemento da Terra (e da Lúa)
Déixovos este vídeo da charla que pronunciou César Tomé o 25 de maio de 2013, como parte do evento Naukas "El Universo en un día" .
lunes, 6 de octubre de 2014
O tempo xeolóxico
Abrimos o blog para este curso 2014-15 cun pequeno resumo dos contidos que estivemos vendo nestas primeiras semanas. Este ano comezamos a materia pola xeoloxía, a ciencia que estuda a Terra concebíndoa como un planeta dinámico . O noso planeta tivo unha orixe, pero dende entón sufriu cambios de todo tipo: na composición da súa atmosfera, na distribución de oceanos e terras emerxidas, no relevo, na vida... O tempo xeolóxico son os 4550 millóns de anos (Ma) de idade que ten a Terra. Os xeólogos dividen esta vasta cantidade de tempo en etapas máis pequenas : eóns, eras, sistemas ou períodos, etc, que constitúen a táboa cronoestratigráfica ou calendario xeolóxico. Cada ano, a comisión internacional de estratigrafía actualiza este calendario. Premede no vínculo para acceder á actualización de 2014. Esta actualización ainda non ten traducción ao español , así que aquí tedes a do ano 2013, que está traducida. Pero se queredes unha versión máis sinxela, aquí tedes o calendario editado hai uns anos polo Museo Geominero, e que temos colgada no taboleiro da aula. Lembrade que se vos desprazades de arriba a abaixo retrocededes no tempo, e que se vos movedes de abaixo a arriba, avanzades no tempo; unha tradición derivada do principio ou lei da superposición normal dos estratos, enunciado por Steno.
Imaxe tomada de: http://www.geovirtual2.cl/geologiageneral/ggcap10.htm
Imaxe tomada de: http://www.geovirtual2.cl/geologiageneral/ggcap10.htm
martes, 10 de junio de 2014
Plumas do manto e puntos quentes
Os fenómenos volcánicos non sempre están asociados aos límites de placas. Tamén existen en zonas intraplaca: son os chamados puntos quentes.
Os puntos quentes ou hot spots son zonas da litosfera situadas por enriba dunha columna de material quente que ascende dende a base do manto . Estas columnas coñécense como penachos térmicos ou "plumas" do manto. Dependendo da magnitude da pluma ou da súa idade, sobre a litosfera situada enriba poden formarse conos volcánicos, como as illas e volcáns submarinos que forman o arquipélago de Hawai, ou grandes mesetas basálticas como a do Deccan , na Indica ou as "Siberian trapps" en Siberia. Se un punto quente se forma baixo un continente, pode chegar a iniciar a súa ruptura e a apertura de un novo océano.
Ver animación sobre a formación de volcáns asociados a un punto quente

martes, 3 de junio de 2014
A tectónica de placas en animacións
Recupero aquí varios posts de cursos anteriores , onde facía unha recopilación dalgunhas das mellores animacións sobre a tectónica de placas:
Tectónica de placas animada
Animacións sobre tectónica de placas
Bordos constructivos
Bordos destructivos
Bordos pasivos
Tectónica de placas animada
Animacións sobre tectónica de placas
Bordos constructivos
Bordos destructivos
Bordos pasivos
domingo, 1 de junio de 2014
Deriva continental
lunes, 26 de mayo de 2014
Paleoxeografía
Déixovos este vídeo e varias ligazóns a páxinas onde se reconstrúe a xeografía da Terra ao longo do tempo xeolóxico.
Para "abrir o apetito", aquí tedes este vídeo de Visible PaleoEarth ,coa Terra rotando tal como se vería hai 750 millóns de anos:
Outras ligazóns:
PaleoMap Project
Paleogeography Library
Paleogeographic globes

Suscribirse a:
Entradas (Atom)