martes, 12 de febrero de 2013

12 de Febreiro, día de Darwin

 O 12 de febreiro conmemórase o nacemento de Charles Darwin, que hoxe cumpriría 204 anos. O obxectivo desta celebración non é só unha homenaxe a Darwin  como autor da teoría de evolución das especies por selección natural, senon tamén -e sobre todo- unha celebración da ciencia mesma, do pensamento racional e crítico e do humanismo  en contraposición co seu maior inimigo: o pensamento baseado na fe. Lástima que este curso coincida cun día non lectivo.
Recoméndovos esta película de 2009, que recrea  a época na que Darwin loitaba por atopar algún equilibrio entre a teoría que se estaba a abrir camiño na súa mente e as ideas relixiosas da época, e  que mostra  o lado humano deste gran científico.
Darwin Day


martes, 15 de enero de 2013

Orixe e evolución da vida

Déixovos  esta animación interactiva que abrangue os contidos sobre a orixe e a  evolución da vida que estamos a ver estes días en clase.
Ir á animación

Un inciso

Ainda cando estou  convencida  de que ningún dos meus alumnos consulta este blog, e que o asunto desta entrada rompe un pouco a liña das anteriores, non podo deixar de  facerme eco do discurso de Mark Lynas
na Conferencia de Agricultura de Oxford 2013.  Aí queda. Ir
Imaxe de http://vimeo.com/56745320

domingo, 13 de enero de 2013

lunes, 17 de diciembre de 2012

5 Reinos

En 1969, Robert Wittaker substituiu a clasificación tradicional dos seres vivos en animais e plantas por unha que contemplaba 5 reinos:  Moneras, Protistas, Fungos, Animais e Plantas. Esta é a clasificación, moi cómoda e manexable,  que ainda aparece na maioría dos libros de texto escolares. Na actualidade estase a abrir paso outra clasificación, que contempla unha nova categoría  superior ao Reino : o Dominio , recoñecéndose 3 grandes dominios de seres vivos : Archaea (Arqueas), Bacteria e Eucarya (Eucariotas). No dominio Eucarya inclúense 4 dos 5 reinos de Wittaker : Protistas, Fungos, Animais e Plantas, mentres que o antigo reino dos Monera, que inclúe a todos os organismos con célula procariótica, divídese en dous : os dominios Archaea e Bacteria.
Animación 5 Reinos
Imaxe tomada da Wikipedia

sábado, 15 de diciembre de 2012

Un mundo de microbios

O outro día na clase comentei que a vida na Terra é predominantemente microbiana. Os primeiros seres vivos que poboaron o noso planeta eran bacterias e arqueas, seres unicelulares e procariotas capaces de vivir nos máis variados ambientes  e de facer unha enorme variedade de cousas. Déixovos aquí algunhas lecturas sobre este tema:

Artigo nº1
Artigo nº 2
Artigo nº 3


jueves, 6 de diciembre de 2012