martes, 19 de marzo de 2013

Selección natural en acción... e en tempo real!

Outra labazada aos creacionistas. Un caso de rápida evolución nunhas anduriñas americanas, que deu como resultado unha mellor adaptación ao tráfico!
Ler máis aquí

lunes, 11 de marzo de 2013

O solo

Aquí tedes algunhas ligazóns sobre o solo, a súa formación e evolución e a súa importancia
El sueloRecursosTIC
Animación formación e evolución dun solo

A desertificación

ECOSISTEMAS

Poño á vosa disposición algúns recursos interesantes para estudar os temas de ecoloxía. Premede nas ligazóns.
Ecosistemas RecursosTIC Secundaria
Proyecto Biosfera 4º ESO
Animacion 1: circulación da materia e da enerxía nos ecosistemas

martes, 12 de febrero de 2013

12 de Febreiro, día de Darwin

 O 12 de febreiro conmemórase o nacemento de Charles Darwin, que hoxe cumpriría 204 anos. O obxectivo desta celebración non é só unha homenaxe a Darwin  como autor da teoría de evolución das especies por selección natural, senon tamén -e sobre todo- unha celebración da ciencia mesma, do pensamento racional e crítico e do humanismo  en contraposición co seu maior inimigo: o pensamento baseado na fe. Lástima que este curso coincida cun día non lectivo.
Recoméndovos esta película de 2009, que recrea  a época na que Darwin loitaba por atopar algún equilibrio entre a teoría que se estaba a abrir camiño na súa mente e as ideas relixiosas da época, e  que mostra  o lado humano deste gran científico.
Darwin Day


martes, 15 de enero de 2013

Orixe e evolución da vida

Déixovos  esta animación interactiva que abrangue os contidos sobre a orixe e a  evolución da vida que estamos a ver estes días en clase.
Ir á animación

Un inciso

Ainda cando estou  convencida  de que ningún dos meus alumnos consulta este blog, e que o asunto desta entrada rompe un pouco a liña das anteriores, non podo deixar de  facerme eco do discurso de Mark Lynas
na Conferencia de Agricultura de Oxford 2013.  Aí queda. Ir
Imaxe de http://vimeo.com/56745320

domingo, 13 de enero de 2013