O 12 de febreiro conmemórase o nacemento de Charles Darwin, que hoxe cumpriría 204 anos. O obxectivo desta celebración non é só unha homenaxe a Darwin como autor da teoría de evolución das especies por selección natural, senon tamén -e sobre todo- unha celebración da ciencia mesma, do pensamento racional e crítico e do humanismo en contraposición co seu maior inimigo: o pensamento baseado na fe. Lástima que este curso coincida cun día non lectivo.
Recoméndovos esta película de 2009, que recrea a época na que Darwin loitaba por atopar algún equilibrio entre a teoría que se estaba a abrir camiño na súa mente e as ideas relixiosas da época, e que mostra o lado humano deste gran científico.
Darwin Day
martes, 12 de febrero de 2013
martes, 15 de enero de 2013
Orixe e evolución da vida
Déixovos esta animación interactiva que abrangue os contidos sobre a orixe e a evolución da vida que estamos a ver estes días en clase.
Ir á animación
Ir á animación
Un inciso
Ainda cando estou convencida de que ningún dos meus alumnos consulta este blog, e que o asunto desta entrada rompe un pouco a liña das anteriores, non podo deixar de facerme eco do discurso de Mark Lynas
na Conferencia de Agricultura de Oxford 2013. Aí queda. Ir
Imaxe de http://vimeo.com/56745320
na Conferencia de Agricultura de Oxford 2013. Aí queda. Ir
Imaxe de http://vimeo.com/56745320
domingo, 13 de enero de 2013
lunes, 17 de diciembre de 2012
5 Reinos
En 1969, Robert Wittaker substituiu a clasificación tradicional dos seres vivos en animais e plantas por unha que contemplaba 5 reinos: Moneras, Protistas, Fungos, Animais e Plantas. Esta é a clasificación, moi cómoda e manexable, que ainda aparece na maioría dos libros de texto escolares. Na actualidade estase a abrir paso outra clasificación, que contempla unha nova categoría superior ao Reino : o Dominio , recoñecéndose 3 grandes dominios de seres vivos : Archaea (Arqueas), Bacteria e Eucarya (Eucariotas). No dominio Eucarya inclúense 4 dos 5 reinos de Wittaker : Protistas, Fungos, Animais e Plantas, mentres que o antigo reino dos Monera, que inclúe a todos os organismos con célula procariótica, divídese en dous : os dominios Archaea e Bacteria.
Animación 5 Reinos
Imaxe tomada da Wikipedia
Animación 5 Reinos
Imaxe tomada da Wikipedia
Etiquetas:
Biodiversidade,
Biosfera,
Clasificación dos seres vivos,
Dominios,
reinos,
taxonomía
sábado, 15 de diciembre de 2012
Un mundo de microbios
O outro día na clase comentei que a vida na Terra é predominantemente microbiana. Os primeiros seres vivos que poboaron o noso planeta eran bacterias e arqueas, seres unicelulares e procariotas capaces de vivir nos máis variados ambientes e de facer unha enorme variedade de cousas. Déixovos aquí algunhas lecturas sobre este tema:
Artigo nº1
Artigo nº 2
Artigo nº 3
Artigo nº1
Artigo nº 2
Artigo nº 3
Etiquetas:
bacterias,
Biodiversidade,
Evolución,
micobioma,
microorganismos
jueves, 6 de diciembre de 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
